Explorar o glosario usando este índice

Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS

R

Reino suevo

reino suevo ou reino suevo de Gallaecia foi fundado por un pobo xermánico coñecido como os suevos no ano 409, na provincia da Gallaecia do Imperio romano de Occidente. Tras cruzar as Galias, entraron polos Pireneos á península Ibérica. Foron o primeirio pobo xermano en obter o estatus de federado (aliado) ​dentro dos límites do Imperio Romano Occidental. En 585, o reino suevo foiu conquistado polo rey visigodo Leovixildo e o seu territorio incorporouse ao Reino visigodo de Toledo.


Reino visigodo

reino visigodo foi unha entidade política establecida polo pobo visigodo tras o seu asentamento nunha parte da actual Francia e a península ibérica, na época das invasións xermánicas, que durou durante boa parte da Alta Idade Media, ocupando territorios nas Galias e Hispania nas súas diversas etapas.

O reino visigodo de Tolosa  (Toulouse), comezóu no ano 418, tras o pacto ou foedus entre os visigodos e Roma, e durou ata o 507, cando o rei Alarico II foi derrotado polos francos na batalla de Vouillé e iniciouse o reino visigodo de Toledo , que se extendeu dende o 507 ata o 711, ano no que comezou a conquista musulmana da península ibérica.


Ruralización (proceso)

Por proceso de ruralización enténdese o proceso polo cal Europa occidental foi facéndose máis rural, é dicir, que as cidades perderon importancia en favor das aldeas (a xente foise a vivir ao campo maioritariamente) e as actividades económicas urbanas, como o comercio e a artesanía, foron practicamente desaparecendo en favor do sector agrario.