Section outline
-
Aínda podedes solicitar beca ata o 30 de maio.
-
- CANDO SERÁN AS XORNADAS?:
- 13 e 14 de xuño de 2025 no Campus de Lugo.- DONDE FAGO A INSCRICIÓN? No formulario https://forms.office.com/e/TdmWfwnpfV. Debes indicar o número de asistentes (no caso de vir con algún acompañante) e seleccionar as titulacións que queren visitar. As titulacións están agrupadas polos centros nos que se imparten. Cada unha poderase visitar no horario indicado no formulario.
- CAL É O PRAZO DE INSCRICIÓN?
- DONDE CONSULTO AS TITULACIÓNS A VISITAR? Na seguinte ligazón https://www.usc.gal/aponte/xornadas-portas-abertas-conece-usc podedes atopar un arquivo pdf con toda a oferta de titulacións que abren as súas portas e os seus horarios.
-
Xa podes consultar as visitas ou charlas do teu curso.
A Semana das Profesións ten como obxectivo dar a coñecer diferentes titulacións, dende 2º ESO a 2º Bacharelato, para facilitarche a toma de decisións vocacionais ao final de cada etapa. Lembra que é moi importante coñecer para decidir. Agardo que che resulte útil.
-
Os próximos 10 e 11 de abril, en horario de tarde, o Campus da Coruña organiza unhas Xornadas de Portas Abertas.Tes a oportunidade de coñecer as instalacións e os graos que se ofertan na facultade/escola na que te inscribas, e poderás interactuar co profesorado e estudantado do centro.A inscrición, a ten que realizar o alumno/a individualmente. É GRATUITA, e LIMITADA, polo que canto antes te inscribas, mellor.Na visita agasallarante cunha bolsa da UDC.
Tes toda a información e o enlace de inscrición en: https://udc.es/gl/futuros_estudantes/orientadores/xornada-de-portas-abertas-2025/ -

Rapazada, chega o momento de pedir beca. Tendes de prazo dende hoxe 24 de marzo de 2025 ata o 14 de maio ás 15:00.
- Sede electrónica. Primeiramente debes acceder á sede electrónica. Precisas ter a man: DNI/NIE de todos os familiares que conviven contigo no domicilio familiar + IBAN da túa conta bancaria (se non tes, debes abrir unha) + certificado de discapacidade e certificado de familia numerosa (se é o caso).
- Información becas non universitarias.
- Vídeos explicativos(sede electrónica, problema contrasinais, modificación datos na sede electrónica).
- Preguntas frecuentes. Resolve as túas dúbidas aquí.
- A túa beca en nove pasos. Lembra revisar as notificacións da sede unha vez á semana.
- Video explicativo youtuber
- MOI IMPORTANTE: en setembro terás un prazo para modificar os datos académicos se fose o caso (cambio de centro, de estudos,...)
-
Se tes dúbidas de se este ano vas superar o Bacharelato ou tes a seguridade de que este ano non vai ser, aínda tes unha opción para acceder a un Ciclo de Grao Superior o curso que ven. Tes a posibilidade de acceder ao 10% das prazas de FP superando unha proba de acceso.
A continuación tes a información e as ligazóns máis destacadas:
- Requisitos: é necesario ter cumpridos dezanove anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.
- Partes da proba: A proba divídese en dúas partes:
- Parte común: lingua galega, lingua castelá e matemáticas.
- Parte específica (debes consultar a que ciclos dá acceso cada opción. En cada opción te examinas de dúas materias. Ver instrucións):
Opción A: economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés), e filosofía.
Opción B: debuxo técnico, tecnoloxía industrial, e física.
Opción C: ciencias da terra e ambientais, química, e bioloxía.- Datas de inscrición: dende o 24 de febreiro ao 12 de marzo.
- Data da proba: 24 abril.
- Lugar de inscrición: As solicitudes deberán realizarse telematicamente empregando o asistente informático dispoñible na aplicación Ciclosprobas. Aplicación: https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do instrucions: https://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/11109
- Instrucións: https://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/11097
- Exames convocatorias cursos pasados: https://www.edu.xunta.gal/fp/node/269/
- Contidos e criterios de avaliación: https://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/8513
- Máis información: https://www.edu.xunta.gal/fp/acceso-grao-superior
-

En Galicia contamos con tres Graos con condicións específicas de acceso. Un deles é o Grao de Actividade Física e do Deporte que se imparte na USC (Bastiagueiro, A Coruña) e na UVigo (Pontevedra).
Para a admisión no Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte é requisito previo a superación dunha proba física, que recibe cualificación de Apto/Non apto.
Os resultados das probas físicas serán recoñecidos en todo o Sistema Universitario Galego (SUG). É dicir, as probas superadas na UDC permiten o acceso á UVigo, e viceversa.
Estas probas teñen unha validez de dous anos polo que pode ser unha boa idea realizalas en 1º curso. Hai dúas razóns principais que fan recomendable realizalas en 1º: ter máis oportunidades no caso de non superar a proba á primeira, e estar máis liberada/o de presión en 2º curso.
En cada convocatoria anual, hai varias oportunidades para superar a proba.
Nos seguintes enlaces, tes máis información sobre as datas e documentos de inscrición, as datas e tipo de probas, etc.
-

Se queres contactar conmigo podes:
- pasar nalgún recreo ou hora libre
- escribirme ao correo: maria.ysabelcalvo@edu.xunta.gal
- chamar ao centro e preguntar por min: 881 938 2000
- avisar ao teu titor ou titora.
-
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional fixa do 1 ao 20 de marzo o prazo para que as familias soliciten praza escolar para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.
Previamente, do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro, estará aberto o período de reserva de praza para o caso dos alumnos que rematan etapa no seu centro actual e pasan ao centro adscrito que lles corresponde. Isto é, por exemplo, para aqueles estudantes que rematan Primaria nun CEIP e pasan a Secundaria nun IES, ou que rematan Infantil nunha Escola de Educación Infantil (EEI) e pasan a un colexio de Primaria.
O prazo de matrícula será do 20 ao 30 de xuño para os alumnos de Infantil e Primaria e do 23 de xuño ao 7 de xullo para os de ESO e Bacharelato.
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/45512 -
Estos cambios son muy recientes, son de hace unos días y se derivan del nuevo real decreto que se ha publicado en FP y que las comunidades han tenido que adaptar.
Acceso a Ciclos Superiores:
-Se elimina el reparto de 70% de las plazas para alumnado de Bachillerato, 20% para alumnado de Ciclos Medios y 10% para alumnado de probas de acceso. Se reparten las plazas de C. Superior entre el alumnado procedente de un ciclo medio y un Bachillerato en mismo porcentaje (igual que en Ciclos medios).
- Se elimina como preferencia de admisión a un ciclo Superior el haber cursado una modalidad/es y materia/s determinada/s.
-si se accede desde un ciclo medio, tendrá preferencia en el acceso a un ciclo superior las personas con un título de técnico de la misma familia profesional.Acceso a Ciclos Medios:
-Al alumnado de ESO que quiera acceder a C. Medios se le adjudicará plaza en función de su media de los cursos de 3°y 4° ESO (antes era solo 4°). Al alumnado de FP Básica sigue aplicándose la media de los dos cursos.
-Se elimina el reparto de 70% de las plazas para alumnado de ESO, 20% para alumnado de FP Básica y 10% para alumnado de probas de acceso. Habrá entre un 75-85% de las plazas que se repartirán a partes iguales entre el alumnado de ESO Y FP Básica.
-Para el alumnado de FP Básica, se elimina como preferencia de admisión en Ciclos medios el haber cursado unas familias profesionales determinadas.Más información en las instrucciones de cada oferta:
https://www.edu.xunta.gal/fp/admision-fp-24-25-instrucions-xerais -

Se queres coñecer todas as novidades de educación e xuventude, incluso cando remates no centro, ademáis da aula virtual podes:
-Consultar a sección de orientación da web do centro
-Seguir o canal de whatsapp de piensosientosoy (non se comparten datos)
-Seguir o canal de telegram de piensosientosoy (non se comparten datos)
-Seguir a páxina de facebook de piensosientosoy
-Consultar os enlaces da barra da esquerda do blog piensosientosoy