Section outline


  •                                 Deportes, Atletismo, Atletas, Ejercicio

    En Galicia contamos con tres Graos con condicións específicas de acceso. Un deles é o Grao de Actividade Física e do Deporte que se imparte na USC (Bastiagueiro, A Coruña) e na UVigo (Pontevedra)

    Para a admisión no Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte é requisito previo a superación dunha proba física, que recibe cualificación de Apto/Non apto. 

    Os resultados das probas físicas serán recoñecidos en todo o Sistema Universitario Galego (SUG). É dicir, as probas superadas na UDC permiten o acceso á UVigo, e viceversa. 

    Estas probas teñen unha validez de dous anos polo que pode ser unha boa idea realizalas en 1º curso. Hai dúas razóns principais que fan recomendable realizalas en 1º: ter máis oportunidades no caso de non superar a proba á primeira, e estar máis liberada/o de presión en 2º curso.

    En cada convocatoria anual, hai varias oportunidades para superar a proba.

    Nos seguintes enlaces, tes máis información sobre as datas e documentos de inscrición, as datas e tipo de probas, etc.