Section outline
-
Se tes dúbidas de se este ano vas superar o Bacharelato ou tes a seguridade de que este ano non vai ser, aínda tes unha opción para acceder a un Ciclo de Grao Superior o curso que ven. Tes a posibilidade de acceder ao 10% das prazas de FP superando unha proba de acceso.
A continuación tes a información e as ligazóns máis destacadas:
- Requisitos: é necesario ter cumpridos dezanove anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.
- Partes da proba: A proba divídese en dúas partes:
- Parte común: lingua galega, lingua castelá e matemáticas.
- Parte específica (debes consultar a que ciclos dá acceso cada opción. En cada opción te examinas de dúas materias. Ver instrucións):
Opción A: economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés), e filosofía.
Opción B: debuxo técnico, tecnoloxía industrial, e física.
Opción C: ciencias da terra e ambientais, química, e bioloxía.- Datas de inscrición: dende o 24 de febreiro ao 12 de marzo.
- Data da proba: 24 abril.
- Lugar de inscrición: As solicitudes deberán realizarse telematicamente empregando o asistente informático dispoñible na aplicación Ciclosprobas. Aplicación: https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do instrucions: https://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/11109
- Instrucións: https://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/11097
- Exames convocatorias cursos pasados: https://www.edu.xunta.gal/fp/node/269/
- Contidos e criterios de avaliación: https://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/8513
- Máis información: https://www.edu.xunta.gal/fp/acceso-grao-superior