Section outline

  • A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional fixa do 1 ao 20 de marzo o prazo para que as familias soliciten praza escolar para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.
     
    Previamente, do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro, estará aberto o período de reserva de praza para o caso dos alumnos que rematan etapa no seu centro actual e pasan ao centro adscrito que lles corresponde. Isto é, por exemplo, para aqueles estudantes que rematan Primaria nun CEIP e pasan a Secundaria nun IES, ou que rematan Infantil nunha Escola de Educación Infantil (EEI) e pasan a un colexio de Primaria.

    O prazo de matrícula será do 20 ao 30 de xuño para os alumnos de Infantil e Primaria e do 23 de xuño ao 7 de xullo para os de ESO e Bacharelato.


    https://www.edu.xunta.gal/portal/node/45512