Section outline
-

ABERTA CONVOCATORIA DE RESIDENCIAS USC
🏠 A USC convoca un total de 960 prazas de aloxamento no seu Servizo Universitario de Residencias para o curso 2025-2026, o que supón un incremento de 50 con respecto ao curso actual, todas elas destinadas a estudantado.
As persoas interesadas dispoñen de prazo ata as 14 horas do 26 de xuño para presentar a súa solicitude.
https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/abre-prazo-solicitar-aloxamento-servizo-universitario-residencias. -
Parabéns, se remataches a etapa, e moito ánimo se tes que intenlalo un pouco máis.
Para moitos e moitas de vós, chega momento de celebrar, despedirse, tomar decisións e emprender novos camiños. Se precisas orientación e apoio, podo acompañarvos neste camiño, esteades ou non no centro.
Por aquí vos deixo a presentación que empreguei onte para falarvos do que ven. Espero que vos resulte de axuda. O meu contacto e os dos canais, tamén están na presentación e na aula virtual, podedes empregalos para resolver dúbidas.
https://view.genially.com/68223e591d0f3a38ec09c79a/presentation-feitasos-para-brillar-2o-bach-24-25
-

Se queres contactar conmigo podes:
- pasar nalgún recreo ou hora libre
- escribirme ao correo: maria.ysabelcalvo@edu.xunta.gal
- chamar ao centro e preguntar por min: 881 938 2000
- avisar ao teu titor ou titora.
-

Se queres coñecer todas as novidades de educación e xuventude, incluso cando remates no centro, ademáis da aula virtual podes:
-Consultar a sección de orientación da web do IES de Mugardos.
-Seguir o canal de whatsapp de piensosientosoy: https://whatsapp.com/channel/0029VaDWmWj5kg76mo9ARq2c
-Seguir o canal de telegram de piensosientosoy: https://t.me/piensosientosoy
-Consultar os enlaces da barra da esquerda do blog piensosientosoy
-
SOLICITUDE E INFORMACIÓN en: https://app.santanderopenacademy.com/es/program/search?resourceType=SOA_GRANT&category=FINANCIAL_ASSISTANCE
- Compatible coa beca do MEC.
- Non é preciso ser cliente do Santander.
- Válida para estudos universitarios e de FP.
- Debes consultar as universidades e centros de FP para as que podes solicitar esta axuda.
- Inclúe entrevista.
- Prazo ata 15 de outubro.
- Nº de becas: 8444
-

A medida será de aplicación a todos os estudantes de grao matriculados en calquera das tres universidades públicas do Sistema universitario galego (SUG), así como aos estudantes de ensinanzas artísticas superiores (Música, Arte Dramática, Deseño e Conservación e Restauración de Bens Culturais) en centros públicos galegos, tanto no caso de novo ingreso coma no de continuidade de estudos. Tamén será gratuíta para o alumnado do resto dos cursos ata finalizar o grao sempre que aprobe a porcentaxe de créditos establecida para cada área de coñecemento.
Para acceder á matrícula gratuíta, no caso dos estudantes de novo ingreso que debutan na Universidade, deberán ter superado a parte obrigatoria da PAU en Galicia na convocatoria de 2025 ou un ciclo superior de FP en calquera centro galego.
Para os estudantes de continuidade (segundo e sucesivos cursos), deberán ter estado matriculados nun grao nunha universidade pública galega durante o curso anterior (isto é, no actual 2024/25) e ter superados o 90% dos créditos nos graos das áreas de Humanidades e Xurídicas, o 80% dos créditos nos da área da Saúde e o 65% no caso das enxeñarías e graos da área de Ciencias.
A principal novidade é que, a partir de setembro, o requisito para acceder á matrícula gratuíta é estar matriculado “nun mínimo de 60 créditos”, e non nun curso completo, como ata agora. Este cambio supón unha maior flexibilidade para os estudantes, na liña da filosofía do Espazo Europeo de Educación Superior.
Podedes consultar a nova nesta ligazón: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/46325
-

Nesta entrada atoparás información útil sobre aloxamentos tanto se inicias estudos universitarios como se cursas estudos de FP ou ensinanzas artísticas.
-
- CANDO SERÁN AS XORNADAS?:
- 13 e 14 de xuño de 2025 no Campus de Lugo.- DONDE FAGO A INSCRICIÓN? No formulario https://forms.office.com/e/TdmWfwnpfV. Debes indicar o número de asistentes (no caso de vir con algún acompañante) e seleccionar as titulacións que queren visitar. As titulacións están agrupadas polos centros nos que se imparten. Cada unha poderase visitar no horario indicado no formulario.
- CAL É O PRAZO DE INSCRICIÓN?
- DONDE CONSULTO AS TITULACIÓNS A VISITAR? Na seguinte ligazón https://www.usc.gal/aponte/xornadas-portas-abertas-conece-usc podedes atopar un arquivo pdf con toda a oferta de titulacións que abren as súas portas e os seus horarios.
-
Xa podes consultar as visitas ou charlas do teu curso.
A Semana das Profesións ten como obxectivo dar a coñecer diferentes titulacións, dende 2º ESO a 2º Bacharelato, para facilitarche a toma de decisións vocacionais ao final de cada etapa. Lembra que é moi importante coñecer para decidir. Agardo que che resulte útil.
Semana das Profesións 2025 de Piensosiento Soy">Programa SP25
-

- Cota de reserva na admisión a Grao: reserva 3%.
- Normativa estatal: https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2007-14231
Solicitude: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=PR948A
Cada universidade conta con normativa propia na que se regula outras ventaxas como acceso a instalacións deportivas, becas, taxas, etc). Consulta os documentos. Achégote tamén contacto con persoas da universidade que levan esta sección:
- Datos de contacto: Manuel Moya García - 981 16 70 00 - mmoya@udc.es.
- https://www.udc.es/export/sites/udc/futuros_estudantes/_galeria_down/normativa/Normativa-para-deportistas-de-alto-nivel-de-la-UDC-DANUDC.pdf_2063069299.pdf
- Rexistro de DANUDC
Deportistas de alto nivel ou alto rendemento 3 % (Fisioterapia e CC. Actividade Física e do Deporte 8%)
Deportistas, de alto nivel e de alto rendimiento deportivo, e personas adestradoras e técnicas, xuíces e xuízas, árbitros e árbitras galegas de alto nivel deportivo (Decreto 165/2020) 2% CC. Actividade Física e do Deporte
2. USC
- Datos de contacto: Miguel Magán - 881 81 50 68 - miguel.magan@usc.es.
- https://www.usc.gal/es/servicios/area/deporte/deportistas-alto-nivel-dan-usc
3. UV
- Elección de horarios de clase, grupo, prácticas. Xustificación de faltas de asistencia. Flexibilización do calendario de exámenes. Acceso gratuito ás instalacións deportivas. Obtención de ata 6 créditos ECTS. Reserva de prazas nas residencias universitarias non inferior ao 5%, etc.
- Datos de contacto: Alexandre Sanjorge Sanjorge - 986812242 - sanjorge@uvigo.gal
- https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2021/006963/document?logicalId=60063477-81aa-4320-84cd-114f4aeae4a7&documentCsv=K5VNMF199EV2JUQLKAR00E8M
-


Rapazada, chega o momento de pedir beca. Tendes de prazo dende hoxe 24 de marzo de 2025 ata o 14 de maio ás 15:00.
- Sede electrónica. Primeiramente debes acceder á sede electrónica. Para acceder por primeira vez, debes rexistrarte. Precisas ter a man: DNI/NIE de todos os familiares que conviven contigo no domicilio familiar + IBAN da túa conta bancaria (se non tes, debes abrir unha) + certificado de discapacidade e certificado de familia numerosa (se é o caso).
- Información becas non universitarias.
- Vídeos explicativos(sede electrónica, problema contrasinais, modificación datos na sede electrónica).
- Preguntas frecuentes. Resolve as túas dúbidas aquí.
- A túa beca en nove pasos. Lembra revisar as notificacións da sede unha vez á semana.
- Video explicativo youtuber
- MOI IMPORTANTE: en setembro terás un prazo para modificar os datos académicos se fose o caso (cambio de centro, de estudos,...)
-

En Galicia contamos con tres Graos con condicións específicas de acceso. Un deles é o Grao de Actividade Física e do Deporte que se imparte na USC (Bastiagueiro, A Coruña) e na UVigo (Pontevedra).
Para a admisión no Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte é requisito previo a superación dunha proba física, que recibe cualificación de Apto/Non apto.
Os resultados das probas físicas serán recoñecidos en todo o Sistema Universitario Galego (SUG). É dicir, as probas superadas na UDC permiten o acceso á UVigo, e viceversa.
Estas probas teñen unha validez de dous anos polo que pode ser unha boa idea realizalas en 1º curso. Hai dúas razóns principais que fan recomendable realizalas en 1º: ter máis oportunidades no caso de non superar a proba á primeira, e estar máis liberada/o de presión en 2º curso.
En cada convocatoria anual, hai varias oportunidades para superar a proba.
Nos seguintes enlaces, tes máis información sobre as datas e documentos de inscrición, as datas e tipo de probas, etc.
-
Os próximos 10 e 11 de abril, en horario de tarde, o Campus da Coruña organiza unhas Xornadas de Portas Abertas.Tes a oportunidade de coñecer as instalacións e os graos que se ofertan na facultade/escola na que te inscribas, e poderás interactuar co profesorado e estudantado do centro.A inscrición, a ten que realizar o alumno/a individualmente. É GRATUITA, e LIMITADA, polo que canto antes te inscribas, mellor.Na visita agasallarante cunha bolsa da UDC.
Tes toda a información e o enlace de inscrición en: https://udc.es/gl/futuros_estudantes/orientadores/xornada-de-portas-abertas-2025/ -

A continuación, atoparás datas das feiras de orientación ás que podes acceder de forma libre e pola túa conta:
1. Solicita visita a Centros de FP e ensinanzas artísticas do Concello da Coruña- Inscrición: 20 ao 7 de febreiro. Inscrición no código QR do cartel.
- VIsitas: 17, 18, 19, 24 febreiro.
-

Déixovos por aquí un recurso útil para facer cuestionarios de orientación profesional e unha chea de recursos sobre estudos.
-

Se queres contactar conmigo podes:
- pasar nalgún recreo ou hora libre
- escribirme ao correo: maria.ysabelcalvo@edu.xunta.gal
- chamar ao centro e preguntar por min: 881 938 2000
- avisar ao teu titor ou titora.
