Ir ao contido principal

Section outline

  • Becas Formación Profesional

    Rapazada, chega o momento de pedir beca. Tendes de prazo dende hoxe 24 de marzo de 2025 ata o 14 de maio ás 15:00. 

    • Sede electrónica. Primeiramente debes acceder á sede electrónica. Para acceder por primeira vez, debes rexistrarte. Precisas ter a man: DNI/NIE de todos os familiares que conviven contigo no domicilio familiar + IBAN da túa conta bancaria (se non tes, debes abrir unha) + certificado de discapacidade e certificado de familia numerosa (se é o caso).
    • Información becas non universitarias.
    • Vídeos explicativos(sede electrónica, problema contrasinais, modificación datos na sede electrónica).
    • Preguntas frecuentes. Resolve as túas dúbidas aquí.
    • A túa beca en nove pasos. Lembra revisar as notificacións da sede unha vez á semana. 
    • Video explicativo youtuber   
    • MOI IMPORTANTE: en setembro terás un prazo para modificar os datos académicos se fose o caso (cambio de centro, de estudos,...)