Section outline

  •                                                            
                                                                                    

    A medida será de aplicación a todos os estudantes de grao matriculados en calquera das tres universidades públicas do Sistema universitario galego (SUG), así como aos estudantes de ensinanzas artísticas superiores (Música, Arte Dramática, Deseño e Conservación e Restauración de Bens Culturais) en centros públicos galegos, tanto no caso de novo ingreso coma no de continuidade de estudos. Tamén será gratuíta para o alumnado do resto dos cursos ata finalizar o grao sempre que aprobe a porcentaxe de créditos establecida para cada área de coñecemento.

    Para acceder á matrícula gratuíta, no caso dos estudantes de novo ingreso que debutan na Universidade, deberán ter superado a parte obrigatoria da PAU en Galicia na convocatoria de 2025 ou un ciclo superior de FP en calquera centro galego.

    Para os estudantes de continuidade (segundo e sucesivos cursos), deberán ter estado matriculados nun grao nunha universidade pública galega durante o curso anterior (isto é, no actual 2024/25) e ter superados o 90% dos créditos nos graos das áreas de Humanidades e Xurídicas, o 80% dos créditos nos da área da Saúde e o 65% no caso das enxeñarías e graos da área de Ciencias.


    A principal novidade é que, a partir de setembro, o requisito para acceder á matrícula gratuíta é estar matriculado “nun mínimo de 60 créditos”, e non nun curso completo, como ata agora. Este cambio supón unha maior flexibilidade para os estudantes, na liña da filosofía do Espazo Europeo de Educación Superior.

    Podedes consultar a nova nesta ligazón: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/46325