Section outline

  • Historia do instituto curso a curso

  • Curso 1987-1988
    Nacemento fóra de Mugardos


    • O instituto foi creado polo decreto 136/87 (DOG do 29 de xuño). Decreto 136/1987Entrou en funcionamento o 1 de xullo de 1987, pero non en Mugardos.

      Ao non dispoñer de locais propios, comezou provisionalmente no edificio do Instituto de Formación Profesional de Pontedeume. Alí facíase xornada intensiva de 8:15 a 14:15, con clases de 45 minutos e dous recreos. Polo tanto, necesitábase transporte escolar. Tres autobuses partían ás 7:40 de Simou, Lubre e O Seixo simultaneamente recollendo aos rapaces nas paradas regulares de liña.

      Neste curso inaugural impartense os cursos de 1.º e 2.º de BUP para 136 alumnos, 42 de Ares e 94 de Mugardos. Uns procedían dos centros de EXB e os maiores, do instituto de Barallobre (Fene), onde ata daquela se matriculaban a maioría dos bachareis mugardeses.

      O primeiro equipo directivo foi nomeado en comisión de servizos para un só curso, con data de cesamento o 1 de xullo de1988. Estaba composto por:

      Director: Ánxel Villar Bellas
      Xefa de Estudos:
      Mª Pilar Rico Vilariño
      Vicedirector:
      José Antonio Varela García
      Secretaria:
      Inmaculada Ogalla Jiménez

      Tamén o profesorado foi nomeado con destino provisional. O claustro estivo formado polos seguintes trece docentes:


      Pilar Rico Vilariño
      Inglés

      M.ª José Sánchez Souto
      Inglés

      Eduardo Mayáns Labarta
      Debuxo

      M.ª Mercedes Caparrós Esperante
      Galego

      Balbina Salas Suárez
      Ciencias

      Olga Rodríguez López
      Francés

      José Antonio Varela García
      Matemáticas

      Manuel Jesús Ferro Soto
      Xeografía e Historia

      Inmaculada Ogalla Jiménez
      Latín

      Luis González García
      Castelán

      Ánxel Villar Bellas
      Física e Química

      Manuel López Calo
      Relixión

      Dolores Teijeiro Pereiro
      Educación Física

      O persoal de administrativo e servizos tamén foi nomeado provisionalmente. Carmen Carro Regueiro e Teresa Varela Iglesias foron a primeira administrativa e limpadora, respectivamente.

      Tamén coñecemos o nome dos representantes dos pais no Consello Escolar: M.ª Dolores Vázquez Filgueira e Ángeles Bastida Veiga; así como o representate dos alumnos: Manuel Luis Gil Fernández.

      A dotación económica inicial foi de 2.102.100 pesetas. Sábese, ademais, que o centro obtivo o terceiro premio de 75.000 pesetas no concurso de informática organizado polo Proxecto Estrella de Galicia que tiña como finalidade a informatización dos centros de ensino de Galicia. O traballo foi coodinado por Ánxel Villar.

  • Curso 1988-1989
    Confraternización en Pontedeume


    • Prevíase para este curso o traslado ás novas instalacións do centro, que se estaban a construír en Mugardos; pero as obras comezaron a experimentar retrasos na entrega, polo que o curso 87/88 tivo que impartirse, coma o anterior, en Pontedeume, nas instalacións do actual IFP "Fraga do Eume". Este feito ocasionou certos problemas de funcionamento aos dous centros que, vendo aumentada considerablemente a matrícula, tiñan que convivir con horarios e organizacións distintas. Entre os que poderiamos chamar problemas de convivencia poden ser mencionados os seguintes:

      • O timbre do centro daba os cambios de hora para o IFP mentres que os avisos de cambio de hora no IB Mugardos eran dados polo bedel petando nas portas das aulas.
      • A sala de profesores era utilizada conxuntamente e xurdiron problemas de espazo que se solucionaron cun reparto equitativo do mobiliario e da superficie a ocupar polos docentes de cada centro. Entón xurdiu o problema polo consumo de tabaco, pois non había lugares alternativos para fumar e todos querian exercer o seu "dereito" na sala de profesores. Non fai falta dicir que a normativa contra o consumo de tabaco non estaba tan desenvolvida como agora.
      • A fotocopiadora e as demais máquinas reprodutoras eran do IFP Pontedeume. A dúbida era se os de Mugardos tiñan dereito a utilizalas. A administración deu resposta afirmativa, pero entón quen podía manipulalas?O IB Mugardos foi dotado cunha perosa encargada da limpeza. Tiña que limpar a cociña e as dependencias propias do IFP? De non ter que facelo, como se podía facer o reparto de dependencias a limpar?

      Como se pode supoñer, todos estes problemas foron solucionándose con sentido común e o principio de boa vecindade. Conseguiuse un ambiente moi agradable que rematou cunha memorable xornada de confraternización entre os dous centros.

      Durante este curso impartíronse os tres cursos de BUP, cun total de 237 alumnos dos concellos de Ares e Mugardos. Houbo así, tres grupos de 1.º BUP; tres grupos de 2.º BUP; e dous grupos de 3.º BUP. O alumnado, malia ter que madrugar para trasladarse en autobús e comezar as clases ás 8:15, mostrábase contento en Pontedeume. Cando tiñan oportunidade, nos recreos e os mércores a última hora, visitaban a vila e relacionábanse cos alumnos e alumnas do outro centro. Cómpre facer constar que, previsiblemente para disfrutar de máis horas de "turismo e convivencia", neste curso proliferaron as ameazas de bomba que motivaban o desaloxo do centro. Dábase con tante frecuencia que as direccións dos dous centros tiveron que empregarse a fondo ata conseguir que desapareceran.

      Houbo directiva nova porque o I.B. Mugardos apareceu xa como un centro novo no concurso de traslados. Entre os profesores que obtiveron praza definitiva, a administración nomeou o equipo directivo que tomou posesión o 1 de xullo de 1988. Este equipo, o segundo do centro, estaba formado por:

      Directora: Covadonga Rodríguez-Moldes Rey
      Xefe de Estudos: Alejandro Porto Andión
      Vicedirector: Rafael Lago Santamaría
      Secretario: Xosé María Sánchez Río

      O claustro estaba formado por 20 docentes, oito deles xa con praza definitiva no centro (sinalados con *)


      Pedro Vázquez García (*)
      Inglés


      Pilar Garabana Barro
      Inglés


      M.ª Carmen Iglesias Quintela (*) Física e Química


      Antonia Filgueiras
      Galego


      Xosé Manuel Sánchez Río (*) Galego


      Alejandro Porto Andión (*) Ciencias


      Félix Retuerto Franco
      Ciencias


      M.ª Jesús Castro Ponte
      Castelán


      Enrique Gómez Rey
      Castelán


      Manuel González Probados (*) Xeografía e Historia


      José Manuel Varela Padín (*) Xeografía e Historia


      Covadonga Rodríguez-Moldes (*) Matemáticas


      Manuel Rodríguez Cabana
      Matemáticas


      José Antonio Carpente Sardiña
      Matemáticas


      Rafael Lago Santamaría (*) Latín


      Alberto Ansede Estraviz
      Filosofía


      Manuel López Calo
      Relixión


      M.ª Elena Faraldo Rodríguez
      Educación Física


      Eduardo Mayáns Labarta
      Debuxo


      Olga Rodríguez López
      Francés


      En canto ao persoal non docente, aparecen xa nomes que nos acompañaran ata a actualidade.

      Admistrativa: M.ª Josefa Martínez Vidal
      Limpadora: M.ª Jesús Calvo Barro
      Bedel: José Castro Guerra
      Bedel: Juan Rañales Prados

      Este segundo bedel foi concedido despois de ser solicitado con insistencia en previsión das necesidades cando o centro funcionase en Mugardos. Tamén foi solitada outra persoa de limpeza que se incorporaría en Mugardos.

      Os representates dos pais no Consello Escolar foron Graciela Barata Rey e Ángeles Bastida Veiga. Como representantes do alumnado exerceron M.ª José Tizón Tabeayo, Dulce Rodríguez Anido, Roberto Vilariño Rico e Juan José Álvarez González.

      A dotación para o ano foi de 2.229.900 pesetas, se ben a Consellería entregou a cantidade de millón e medio en concepto de posta en marcha do novo centro. Este feito orixinou problemas de importancia xa que a administración pedía que esta cantidade fora investida e xustificada antes de que o edificio estivera entregado pois, de non facelo así, tería que ser devolta. Esta esixencia, por absurda, foi discutida e tratada con bastande intensidade polo Consello Escolar, pero supuxo que a posta en marcha do instituto no novo edificio en Mugardos, un ano despois, tivera problemas orzamentarios.

      Como xa dixemos, neste curso a matrícula acada os 237 alumnos/as. Créase a primeira Xunta de Delegados ao amparo do Decreto de Dereitos e Deberes dos Alumnos, publicado en decembro de 1988.

      Quizais o que máis quede na memoria dos alumnos do último curso sexa a excursión de fin de estudos a Benalmadena. Ou o curioso reparto de leite subvencionado. Esta actividade consistía en aceptar o leite a baixo custo que se ofrecía aos centros e que estes repartían cun sistema de vales semanais que lle custaba 25 pesetas a cada alumno e daba dereito a un cartón de medio litro diario para beber durante o recreo.
  • Curso 1989-1990
    Inauguramos edificio


    • Malia as promesas oficiais, no mes de setembro de 1989, a un mes de comezar o curso, as obras do instituto en Mugardos non estaban rematadas.
      Estas demoras provocaron queixas por parte do equipo directivo en forma de cartas ao delegado de Educación e de protestas por parte dos pais que chegaron a concentrarse diante da delegación de Educación para esixir a entrega do edificio.
      Como en Pontedeume xa non era posible continuar debido ao aumento de matrícula nos dous centros, buscouse unha solución de urxencia. Habilitouse na mesma obra unhas depedencias provisionais para, cando menos, dispoñer as matrículas e planificar o comezo do curso (horarios, grupos...) Deste xeito, a principios de outubro tómase posesión do edificio coa intención de comezar as clases o día 16. Isto foi posible grazas a actividade frenética do equipo directivo e persoal de administración e servizos durante a primeira quincena de outubro. Ademais a posta en marcha contou con serias dificultades engadidas:

      • Telefónica non instalou a liña ata o mes de xaneiro debido a preitos que mantiña cos veciños do lugar.
      • A Administración non entregaba a documentación que se necesitaba para poñer en marcha a calefacción.
      • No Ximnasio existen varias columnas de cemento que, xunta a instalación de radiadores saíntes, supoñían un perigo potencial de accidentes.
      • A construción do centro mostrou pronto serias deficiencias. A primeira xurdiu no mes de novembro, coa chegada dos temporais do suroeste. As ventás orientadas nesta dirección filtraban auga e producíronse inundacións no interior.
      • Os campos de deporte foron entregados sen pintar e sen verxas protectoras.
      • A cafetería non dispuña nin tan sequera de barra...

      A pesar de todo isto e máis, logrouse rematar o primeiro trimestre coas instalacións en funcionamento. Exemplo da transformación foi o patio cuberto de area e pedras e que despois de bastante traballo rematou o curso coas primeiras plantas.

      A algunhas dependencias interiores asignouselles unha utilidade diferente á que nun principio estaban destinadas. Así, a sala de profesores marcada nun dos extremos do terceiro nivel trasladouse ao lugar central para facilitar o labor dos profesores de garda. En anos posteriores, ante a esixencia por unha parte do profesorado de que se cumprira a normativa do uso do tabaco, dedicouse unha segunda dependencia máis pequena, colindante coa anterior, para o seu uso como sala de fumadores.

      Neste curso a matrícula foi de 357 alumnos repartidos así: catro grupos de 1.º BUP cun total de 127 alumns; tres grupos de 2.º BUP cun total de 88 alumnos; dous cursos de 3.º BUP con 73 alumnos e tres cursos de COU con 69 alumnos.

      Por primeira vez, alumnos do centro acudiron á Selectividade. Presentáronse un total de 33 dos que resultaron aptos 21.

      O claustro estivo formado por 28 docentes. Debido á falta de profesorado con titulación en Educación Física, os grupos de 3.º BUP quedaron exentos desta materia.



      Pedro Vázquez García (*) Inglés

      Pilar Garabana Barro (*) Inglés

      Rafael Prieto Ríos
      Inglés

      Mª. Carmen Iglesias Quintela (*) Física e Química

      Manuel Suárez Santos
      Física e Química

      Xosé Manuel Sánchez Río (*) Lingua Galega

      Antonia Filgueiras
      Lingua Galega

      América Fernández López
      Lingua Galega

      Alejandro Porto Andión (*) Ciencias Naturais

      Óscar Luis Pérez García
      Ciencias Naturais

      Balbina Salas Suárez
      Ciencias Naturais

      Pilar Pacios Núñez
      Lingua Castelá

      Pilar de Juan Cantón (*) Lingua Castelá

      Carlos Balado Sáez de Viteri
      Lingua Castelá

      Manuel González Probados (*) Xeografía e Historia

      José Manuel Valado Padín (*) Xeografía e Historia

      Teresa Suárez González
      Xeografía e Historia

      Covadonga Rodríguez-Moldes Rey (*) Matemáticas

      José Luis Mayobre Antón
      Matemáticas

      Inés Rodríguez Teijeiro (*) Matemáticas

      Rafael Lago Santamaria (*) Latín

      Consuelo Bouza Sanjurjo
      Latín

      Almudena García Castrillo (*) Filosofía

      Manuel López Calo
      Relixión

      Joaquín Varela Lamela
      Relixión

      Alfonso Prieto Pita
      Educación Física

      José Carmona Iglesias
      Debuxo

      Carmen Ameijide Rodríguez-Moldes (*)
      Francés


      (*) Con praza definitiva

      Á dotación do curso anterior incorporouse como limpadora Casilda Sánchez Uría.

      Como representante dos alumnos tamén hai eleccións para cubrir vacantes e resultaron nomeados M.ª José Tizón Tabeayo, Roberto Vilariño Rico e Dolores Regueiro Pérez.

      O orzamento da administración para o ano 1990 foi de 2.989.000 pesetas que resultaron ser moi escasas para cubrir as necesidades educativas. Realizáronse, con todo, viaxes culturais por exemplo a Corrubedo e Santiago e actividades deportivas (liga interna de fútbol sala, campionato de xadrez) ou a celebración conxunta co C.P. "Unión Mugardesa" da semana das Letras galegas con conferencias de Antón Cortizas ("O idioma galego"), Bernardo Máiz ("O galego que non fala..."), A. Garrote ("Fotografía submarina"), Paula Carballeira (contacontos).

      No mes de novembro de 1989, nunha visita fugaz, o edificio foi inaugurado oficialmente polo Placa da inauguración oficialConselleiro de Educación Aniceto Núñez. Ficou como
      recordo a placa conmemorativa. Desde entón, moitísimas veces, tanto alumnos como profesores, poden repetir o xesto de inauguración sen máis que pasar as cortinas orixinais coa bandeira galega que debido á súa altura ninguén se decidiu retirar.


  • Curso 1990-1991
    O estirón europeo


    • O 90/91 destaca entre os dez primeiros anos de vida do centro como un dos máis fructíferos. Xa na programación xeral se apuntaban as seguintes liñas de actuación:

      • Actividades conxuntas de tipo cultural e deportivo entre todos os centros de ensino públicos dos concellos de Ares e Mugardos.
      • Actividades internas: celebración de carnavais, día da árbores, ligas internas deportivas, campionato de xadrez.
      • Colaboración e apoio a todas as iniciativas que, contando coa aprobación do Consello Escolar, puideran xurdir.

      E vaia se xurdiron!!! As expectativas foron superadas amplamente pola cantidade e calidade das actividades realiazadas que provocaron a presenza habitual do IB Mugardos nos medios de comunicación.

      Neste curso a matrícula ascendeu a 410 alunmnos repartidos así: catro grupos de 1.º BUP (128 alumnos); catro grupos de 2.º BUP (129 alumnos); dous cursos de 3.º BUP (64 alumnos); e tres grupos de COU (89 alumnos).

      Presentáronse ao exame de selectividade a primeira promoción enteriramente formada no IB Mugardos. Presentáronse 30 alumnos dos que 22 resultaron aptos.

      O claustro estivo formado por 30 docentes. Na listaxe salienta de xeito especial a ausencia de profesores de Educación Física. Este curso, a totalidade dos matriculados estiveron exentos nesta materia por non existrir na comunidade profesorado dispoñible coa titulación esixida. Esta anormal situación foi asumida por pais e alumnos con sorprendente naturalidade.



      Pedro Vázquez García (*) Inglés


      Pilar Garabana Barro (*) Inglés


      Paula Fernández-Couto Tella
      Inglés


      M.ª Carmen Iglesias Quintela (*) Física e Química


      Ángela Alonso Ricoy
      Física e Química


      José Andrés Bañobre Martínez
      Física e Química


      Xosé Manuel Sánchez Río (*) Lingua Galega


      Begoña Martín Acero
      Lingua Galega

      América Fernández López
      Lingua Galega

      Alejandro Porto Andión (*) Ciencias Naturais


      Óscar Luis Pérez García
      Ciencias Naturais

      M.ª Clotilde Acebras Núñez
      Ciencias Naturais

      M.ª José Jove Ortega (*) Lingua Castelá


      Pilar de Juan Cantón (*) Lingua Castelá

      Carlos Balado Sáez de Viteri
      Lingua Castelá

      Rafael Pérez Rego
      Xeografía e Historia


      Francisco José López Rubio (*) Xeografía e Historia

      Juan Antonio Carneiro Rey
      Xeografía e Historia

      Covadonga Rodríguez-Moldes Rey (*) Matemáticas


      José Luis Mayobre Antón
      Matemáticas

      Antonio García Carballeira
      Matemáticas

      Inés Rodríguez Teijeiro (*) Matemáticas

      Rafael Lago Santamaría (*) Latín


      Francisco José Santos Caamaño
      Grego


      Rosa Ana García Calviño
      Filosofía


      Almudena García Castrillo (*) Filosofía

      Manuel López Calo
      Filosofía

      Joaquín Varela Lamela
      Relixión


      Graciela Forte Villanueva
      Relixión


      Carmén Ameijide Rodríguez-Moldes (*)
      Francés
      (*) Definitivo

      A partida orzamentaria para este curso ascende a 3.283.100 pesetas o que representa un aumento con respecto ao curso anterior de 294.100 pesetas. Con todo resulta insuficiente tendo en conta a inflacción e o aumento da matrícula.

      O Seminario de Inglés decide participar nun concurso para representar a España no Parlamento Europeo dos Xoves. Pilar Garabana dirixe a elaboración dun traballo sobre "A política agraria na CEE".
      O segundo trimestre iníciase en todo o mundo co estalido da guerra en Irak, daquela chamada "a nai de todas as batallas". Vívese con moita intensidade no centro con manifestacións e peches a favor da paz. Sen dúbida, na historia do centro, este feito foi o acontecemento político-social que tivo maior repercusión.
      Pero este trimestre tamén comezou cunha sorprendente nova: o traballo sobre a política agraria na CEE resulta seleccionado entre todos os presentados. Trece alumnos do IB Mugardos representarán ao estado español na sesión do Parlamento Europeo dos Xoves que tería lugar en Fráncfort no mes de marzo (Ver resolución no BOE). Como pode supoñerse, a alegría deu paso a un traballo intenso. Habería que preparar os rapaces nun tempo limitado, en temas variados e complicados sobre as políticas europeas comúns. Por exemplo, o déficit democrático, a reunificación alemá ou a inmigración... Cada un dos participantes integraríanse nunha comisión diferente (a semellanza do Parlamento Europeo auténtico) e deberían debater e defender a postura española diante dos membros da súa comisión primeiro, e logo perante a asemblea con todos os demais representantes. Nesa asemblea votaríanse as resolución e enviaríanse os resultados ao Parlamento Europeo. Á dificultade intrínseca dos asuntos engadíase o feito de que as linguas de traballo nas sesións serían o inglés e o francés. Deberiamos familiarizarnos cos termos políticos nesas linguas nun prazo de só dous meses. A coordinadora foi Pilar Garabana.

      Paralelamente á busca de información e á preparación intensiva dos alumnos en horarios non lectivos, recabáronse tamén axudas de diversas fontes que proporcionaron desde material informativo e turístico ata carpetas, chándales, camisolas, etc. Ao final a delegación española en Fráncfort resultou a máis preparada no aspecto material, aínda que nos outros aspectos notouse a vantaxe dos franceses e ingleses que podían expresarse na súa lingua nativa.
      En xeral, resultou un éxito do que se deu boa conta nos medios de comunicación, tanto prensa coma radio e televisión. Ademais serviría para establecer relacións con outros centros de Europa iniciándose no instituto a actividade de intercambios con outros centros que xa non se abandonaría.

      Porén, a actividade extraacadémica non se limitou á viaxe a Fráncfort. Por iniciativa do seminario de música e aproveitando que en todo o mundo se está a celebrar o bicentenario da morte de W. A. Mózart, no mes de marzo dedícase unha semana a lembrar o compositor. Inclúese, ademais de audicións, unha conferencia pronunciada polo catedrático de musicoloxía da Univ. de Santiago José López Calo. Foi un rotundo éxito que supuxo a apertura cultural do centro ao entorno.

      Para rematar ese curso, edítase o número 1 da revista VIRAVOLTA no marco da relación cos centros públicos de Mugardos e Ares. Contiña 40 páxinas, editada a multicopista e distribución gratuíta. Nel podemos ler, por exemplo, a crónica da viaxe a Fráncfort e a entrevista cos afortunados.



      Viravolta, 1

      Viravolta
      Número 1
      74 Páxinas
      Xuño de MCMXCI

      EDITAN:
      C.P. CONDE DE FENOSA (Ares)
      C.P. UNIÓN MUGARDESA (Mugardos)
      C.P. SANTIAGO APÓSTOL (Franza)
      I.B. MUGARDOS (Mugardos)

      COLABORADORES:
      Manuel Vilariño, profesor do CP Conde de Fenosa (Autor das ilustracións)
      Juan Carneiro, profesor do IB Mugardos.
      Concello de Mugardos
      Concello de Ares
      "...decatámonos de que era posible facer bastantes traballos conxuntos que poderían repercutir na mellora do ensino público na máis fermosa península galega (...) na que se encontran os centros públicos "Conde de Fenosa" de Ares, I.B. Mugardos, "Unión Mugardesa" de Mugardos e "Santiago Apóstol" de Franza que poderán nomearse nesta orde ou ben dando unha VIRAVOLTA, xa que o resultado é o mesmo."
      Así comezaba a presentación da primeira revista escolar do instituto do curso 1990-1991, publicada conxuntamente cos colexios de Ares, Franza e Mugardos.
      A publicación foi laboriosamente impresa a multicopista e cos materiais que dispuñan os centros. Por iso a calidade de edición non foi moi boa, pero chegaron ás setenta páxinas con contidos moi ben traballados como crónica da viaxe a Fráncfort para representar a España no primeiro Parlamento Europeo dos Xoves ou un elaborado estudo estatístico titulado "Síntense libres os estudantes de Ares e Mugardos?". As ilustracións acadaron un excelente nivel e levaron a firma de Manuel Vilariño, profesor do Conde de Fenosa.
      vilariño (viravolta1)siro (viravolta 1)


      Tamén se incluía un debuxo dedicado de
      SIRO, que no mes de maio dese ano deu un conferencia en Mugardos. Era 1991 e as Letras Galegas dedicáronselle a Cunqueiro.



  • Curso 1991-1992

    • Este curso tamén foi bastante "movido" en canto a actividades. Na programación xeral comézase sinalando a ausencia de profesorado que elabore o plan xeral para o uso do idioma galego e mais o plan específico para potenciar o galego no centro. Ambos os documentos estaban previstos na orde que regulaba as actividades docentes.

      O que si se solicita e conséguese son melloras importantes para o centro como a instalación de tomas de auga exteriores, a pavimentación da pista de balón volea ou a instalación da campá extractora na cafetería.

      A matrícula chegou aos 429 alumnos repartidos do seguinte xeito: catro grupos de 1.º BUP; catro grupos de 2.º BUP; tres grupos de 3.º BUP; e dous grupos de COU.

      O profesorado estivo formado por 32 docentes.



      Lourdes Rodríguez Pardo (*)
      Inglés

      Pilar Garabana Bar (*) Inglés

      Pilar Pampín Pampín (*) Inglés

      Beatriz Martínez Rubal (*) Física e Química

      M.ª Luisa Muíño Rey (*) Física e Química

      Yolanda Romalde Lorenzo
      Física e Química

      Carmen Canosa Fragela
      Lingua Galega

      Begoña Martín Acero
      Lingua Galega

      América Fernández López
      Lingua Galega

      Alejandro Porto Andión (*) Ciencias Naturais

      Félix Retuerto Franco (*) Ciencias Naturais

      Olga González Ricoy (*) Ciencias Naturais

      M.ª José Jove Ortega (*) Lingua Española

      Amada Pernas Prieto (*) Lingua Española

      Amalia Feijoo
      Lingua Española

      Rafael Pérez Rego (*) Xeografía e Historia

      Francisco José López Rubio (*) Xeografía e Historia

      José Antonio Carneiro Rey
      Xeografía e Historia

      Hispana Rodríguez Teijeiro
      Música

      Covadonga Rodríguez-Moldes Rey (*) Matemáticas

      Carmen Muñoz Trasancos (*) Matemáticas

      Josefa Lorenzo Sanjurjo
      Matemáticas

      Inés Rodríguez Teijeiro (*) Matemáticas

      Rafael Lago Santamaría (*) Latín

      Consuelo Bouza Sanjurjo
      Grego

      Almudena García Castrillo (*) Filosofía

      Joaquín Varela Lamela
      Relixión

      Manuel López Calo
      Relixión

      Fernando Losada Liste (*) Debuxo

      M.ª Isabel Carracedo Pérez
      Educación Física

      Beatriz González Senín
      Educación Física

      Carmen Ameijide Rodríguez-Moldes (*) Francés

      Para a representación do alumnado no Consello Escolar foron nomeados Juan Esteban Tizón Tabeayo, Marta Porta Sánchez, Dolores Regueiro Pérez e José Fernando Bouza Fernández.

      Como representates dos pais exerceron M.ª Ángeles Bastida Veiga e Luis Rico Castro.

      O representante do Concello foi J. Martín Vila.

      No equipo directivo, por causar baixa no centro o secretario, proponse para este cargo a Francisco José López Rubio. O equipo directivo dirixido por Covadonga Rodríguez-Moldes remata o nomeamento a finais deste curso, polo que houbo eleccións no mes de xuño.

      A partida económica ascendeu a 3.531.062 pesetas que de novo resultan insuficientes para as necesidades educativas. Desde a dirección particípase nas medidas levadas a cobo por moitos directores de centros públicos para reivindicar unha maior dotación económica.

      O bedel Juan Rañales Prado, despois de tres anos de impecable servizo ao centro, remata o contra o día 25 de outubro e pasa a aumentar a lista de parados do país.

      En canto ás actividades, salienta a celebración dun intercambio cultural co Koninklyn Atheneum Gent III de Gante no que participan 31 alumnos e alumnas do instituto. Sae á luz o segundo número da revista VIRAVOLTA e continúa a participación no 3.º campionato Intercentros de Ferrolterra.

      viravolta 2

      No curso 1991-1992 publicouse o segundo número da revista Viravolta. A edición xa foi de imprenta e tamén moi completo en canto aos contidos pois era a publicación conxunta do instituto e os colexios de Ares, Franza e Mugardos.
      Recóllese, por exemplo, a crónica da viaxe de intercambio de 3.º BUP a Gante (Bélxica) ou unha análise dos resultados académicos da promoción 88-91, a primeira formada integramente no instituto. Dese artigo extraemos o seguinte cadro:
      Resultados da primeira promoción

      Malia a mensaxe da portada, foi o derradeiro Viravolta.


      Consultar o exemplar dixitalizado en pdf

  • Curso 1992-1993
  • Curso 1993-1994
  • Curso 1994-1995
  • Curso 1995-1996
    • ASOCIACIÓN DE ESTUDANTES POR GALIZA (AEG)

      aeg
      Ao abeiro da lei que regulaba a creación de asociación de estudantes nos centros de ensino e co apoio da dirección, o 23 de xaneiro de 1996 apróbanse os estatutos da AEG.
      Os seus fins sociais son "fomentar en todos os estamentos do Centro o uso do noso idioma, defender todo aquilo relacionado coa paisaxe, fomentar as actividades culturais e deportivas relacionadas coa realidade do pobo galego." En realidade, deixábase en mans do alumnado as funcións os propósitos dun Equipo de Normalización Lingüística.
      As cotas mensuais eran de "vinte pesos" (100 pesetas) máis unha de alta. Deste xeito, chegararon a ter máis de trinta asociados e planificaron actividades para máis de catrocentos alumnos: charlas, celebracións, concertos e a revista que tirou uns cinco números.
      Estes son algúns dos seus nomes: Mákina, Joaquín, Potro, Jipi, Martita, Begoña, Kampos, David, Fran, Simón, Antía, Bernardo, Jessica, Anabel, Fon, César, Lidia, Pipo, Sabela, Sara V., Pablo V., Xulia, Yosi, Sara M., Abelardo, Carmen, Figo, Carlota, Job, Gloria, Raúl, Meetball...
      César Pena figurou como presidentes: "porque había que poñelo nun papel, pero non había xerarquías na AEG. Eramos todos un pouco lieiros: a un tiráballes o deporte, a outros a música, a outros máis o ecoloxismo, a poesía, o debuxo... incluso os profesores colaboraron desde o primeiro número do noso voceiro".

      N.º 1 N.º 2

      aeg1 aeg2
      O sorprendente non é tanto o formato da revista (16 páxinas fotocopiadas de textos mecanografados e fotos case irrecoñecibles) como os contidos. Sorprende, se cadra, pola clara liña ideolóxica que xa revelaban na primeira mocidade.
      No político, non se oculta nin na estética o nacionalismo de esquerdas. No social, o ecoloxismo e a dedicación a asuntos de intenso debate xeracional daquela como a supresión do servizo militar obrigatorio. No cultural, o apoio ao deporte local e aos equipos galegos ou a vinculación dos gustos musicais co movemento “rock bravú”.

  • Curso 1996-1997
    • Evolución da matrícula oficial

      Evolución da matrícula
      Malia que o decreto de creación fixaba a capacidade do instituto en 420 postos escolares, só na década dos 90 contamos con esta cantidade. O curso 92-93 foi o de maior ocupación. Acadamos o noso teito con 448 matriculados/as. Daquela chegou a haber catro grupos de 1.º e 2.º BUP, con máis de 30 estudantes por aula.Xa a finais desa mesma década experimentamos outra suba debido á chegada ao centro do alumnado de 1º de ESO (7º de EXB). Porén, nos dous cursos seguintes deixa de incorporarse o alumnado de 3.º e 4.º de ESO procedente do concello de Ares e comezou un continuado descenso na matrícula.
      O descenso da natalidade refléctese perfectamente no número de matriculados na primeira década do século XXI. Por primeira vez, neste curso 12-13, cubrimos unha única aula de 1.º ESO con 23 alumnos/as. Con todo, segundo as previsións, a ocupación tocou fondo nos 214 matriculados actuais pois xa se ten detectado un lixeiro aumento da poboación escolar nos colexios de primaria.