Section outline

  • Curso 1989-1990
    Inauguramos edificio


    • Malia as promesas oficiais, no mes de setembro de 1989, a un mes de comezar o curso, as obras do instituto en Mugardos non estaban rematadas.
      Estas demoras provocaron queixas por parte do equipo directivo en forma de cartas ao delegado de Educación e de protestas por parte dos pais que chegaron a concentrarse diante da delegación de Educación para esixir a entrega do edificio.
      Como en Pontedeume xa non era posible continuar debido ao aumento de matrícula nos dous centros, buscouse unha solución de urxencia. Habilitouse na mesma obra unhas depedencias provisionais para, cando menos, dispoñer as matrículas e planificar o comezo do curso (horarios, grupos...) Deste xeito, a principios de outubro tómase posesión do edificio coa intención de comezar as clases o día 16. Isto foi posible grazas a actividade frenética do equipo directivo e persoal de administración e servizos durante a primeira quincena de outubro. Ademais a posta en marcha contou con serias dificultades engadidas:

      • Telefónica non instalou a liña ata o mes de xaneiro debido a preitos que mantiña cos veciños do lugar.
      • A Administración non entregaba a documentación que se necesitaba para poñer en marcha a calefacción.
      • No Ximnasio existen varias columnas de cemento que, xunta a instalación de radiadores saíntes, supoñían un perigo potencial de accidentes.
      • A construción do centro mostrou pronto serias deficiencias. A primeira xurdiu no mes de novembro, coa chegada dos temporais do suroeste. As ventás orientadas nesta dirección filtraban auga e producíronse inundacións no interior.
      • Os campos de deporte foron entregados sen pintar e sen verxas protectoras.
      • A cafetería non dispuña nin tan sequera de barra...

      A pesar de todo isto e máis, logrouse rematar o primeiro trimestre coas instalacións en funcionamento. Exemplo da transformación foi o patio cuberto de area e pedras e que despois de bastante traballo rematou o curso coas primeiras plantas.

      A algunhas dependencias interiores asignouselles unha utilidade diferente á que nun principio estaban destinadas. Así, a sala de profesores marcada nun dos extremos do terceiro nivel trasladouse ao lugar central para facilitar o labor dos profesores de garda. En anos posteriores, ante a esixencia por unha parte do profesorado de que se cumprira a normativa do uso do tabaco, dedicouse unha segunda dependencia máis pequena, colindante coa anterior, para o seu uso como sala de fumadores.

      Neste curso a matrícula foi de 357 alumnos repartidos así: catro grupos de 1.º BUP cun total de 127 alumns; tres grupos de 2.º BUP cun total de 88 alumnos; dous cursos de 3.º BUP con 73 alumnos e tres cursos de COU con 69 alumnos.

      Por primeira vez, alumnos do centro acudiron á Selectividade. Presentáronse un total de 33 dos que resultaron aptos 21.

      O claustro estivo formado por 28 docentes. Debido á falta de profesorado con titulación en Educación Física, os grupos de 3.º BUP quedaron exentos desta materia.



      Pedro Vázquez García (*) Inglés

      Pilar Garabana Barro (*) Inglés

      Rafael Prieto Ríos
      Inglés

      Mª. Carmen Iglesias Quintela (*) Física e Química

      Manuel Suárez Santos
      Física e Química

      Xosé Manuel Sánchez Río (*) Lingua Galega

      Antonia Filgueiras
      Lingua Galega

      América Fernández López
      Lingua Galega

      Alejandro Porto Andión (*) Ciencias Naturais

      Óscar Luis Pérez García
      Ciencias Naturais

      Balbina Salas Suárez
      Ciencias Naturais

      Pilar Pacios Núñez
      Lingua Castelá

      Pilar de Juan Cantón (*) Lingua Castelá

      Carlos Balado Sáez de Viteri
      Lingua Castelá

      Manuel González Probados (*) Xeografía e Historia

      José Manuel Valado Padín (*) Xeografía e Historia

      Teresa Suárez González
      Xeografía e Historia

      Covadonga Rodríguez-Moldes Rey (*) Matemáticas

      José Luis Mayobre Antón
      Matemáticas

      Inés Rodríguez Teijeiro (*) Matemáticas

      Rafael Lago Santamaria (*) Latín

      Consuelo Bouza Sanjurjo
      Latín

      Almudena García Castrillo (*) Filosofía

      Manuel López Calo
      Relixión

      Joaquín Varela Lamela
      Relixión

      Alfonso Prieto Pita
      Educación Física

      José Carmona Iglesias
      Debuxo

      Carmen Ameijide Rodríguez-Moldes (*)
      Francés


      (*) Con praza definitiva

      Á dotación do curso anterior incorporouse como limpadora Casilda Sánchez Uría.

      Como representante dos alumnos tamén hai eleccións para cubrir vacantes e resultaron nomeados M.ª José Tizón Tabeayo, Roberto Vilariño Rico e Dolores Regueiro Pérez.

      O orzamento da administración para o ano 1990 foi de 2.989.000 pesetas que resultaron ser moi escasas para cubrir as necesidades educativas. Realizáronse, con todo, viaxes culturais por exemplo a Corrubedo e Santiago e actividades deportivas (liga interna de fútbol sala, campionato de xadrez) ou a celebración conxunta co C.P. "Unión Mugardesa" da semana das Letras galegas con conferencias de Antón Cortizas ("O idioma galego"), Bernardo Máiz ("O galego que non fala..."), A. Garrote ("Fotografía submarina"), Paula Carballeira (contacontos).

      No mes de novembro de 1989, nunha visita fugaz, o edificio foi inaugurado oficialmente polo Placa da inauguración oficialConselleiro de Educación Aniceto Núñez. Ficou como
      recordo a placa conmemorativa. Desde entón, moitísimas veces, tanto alumnos como profesores, poden repetir o xesto de inauguración sen máis que pasar as cortinas orixinais coa bandeira galega que debido á súa altura ninguén se decidiu retirar.