O 90/91 destaca entre os dez primeiros anos de vida do centro como un dos máis fructíferos. Xa na programación xeral se apuntaban as seguintes liñas de actuación:
Actividades conxuntas de tipo cultural e deportivo entre todos os centros de ensino públicos dos concellos de Ares e Mugardos.
Actividades internas: celebración de carnavais, día da árbores, ligas internas deportivas, campionato de xadrez.
Colaboración e apoio a todas as iniciativas que, contando coa aprobación do Consello Escolar, puideran xurdir.
E vaia se xurdiron!!! As expectativas foron superadas amplamente pola cantidade e calidade das actividades realiazadas que provocaron a presenza habitual do IB Mugardos nos medios de comunicación.
Neste curso a matrícula ascendeu a 410 alunmnos repartidos así: catro grupos de 1.º BUP (128 alumnos); catro grupos de 2.º BUP (129 alumnos); dous cursos de 3.º BUP (64 alumnos); e tres grupos de COU (89 alumnos).
Presentáronse ao exame de selectividade a primeira promoción enteriramente formada no IB Mugardos. Presentáronse 30 alumnos dos que 22 resultaron aptos.
O claustro estivo formado por 30 docentes. Na listaxe salienta de xeito especial a ausencia de profesores de Educación Física. Este curso, a totalidade dos matriculados estiveron exentos nesta materia por non existrir na comunidade profesorado dispoñible coa titulación esixida. Esta anormal situación foi asumida por pais e alumnos con sorprendente naturalidade.
Pedro Vázquez García (*)
Inglés
Pilar Garabana Barro (*)
Inglés
Paula Fernández-Couto Tella
Inglés
M.ª Carmen Iglesias Quintela (*)
Física e Química
Ángela Alonso Ricoy
Física e Química
José Andrés Bañobre Martínez
Física e Química
Xosé Manuel Sánchez Río (*)
Lingua Galega
Begoña Martín Acero
Lingua Galega
América Fernández López
Lingua Galega
Alejandro Porto Andión (*)
Ciencias Naturais
Óscar Luis Pérez García
Ciencias Naturais
M.ª Clotilde Acebras Núñez
Ciencias Naturais
M.ª José Jove Ortega (*)
Lingua Castelá
Pilar de Juan Cantón (*)
Lingua Castelá
Carlos Balado Sáez de Viteri
Lingua Castelá
Rafael Pérez Rego
Xeografía e Historia
Francisco José López Rubio (*)
Xeografía e Historia
Juan Antonio Carneiro Rey
Xeografía e Historia
Covadonga Rodríguez-Moldes Rey (*)
Matemáticas
José Luis Mayobre Antón
Matemáticas
Antonio García Carballeira
Matemáticas
Inés Rodríguez Teijeiro (*)
Matemáticas
Rafael Lago Santamaría (*)
Latín
Francisco José Santos Caamaño
Grego
Rosa Ana García Calviño
Filosofía
Almudena García Castrillo (*)
Filosofía
Manuel López Calo
Filosofía
Joaquín Varela Lamela
Relixión
Graciela Forte Villanueva
Relixión
Carmén Ameijide Rodríguez-Moldes (*)
Francés
(*) Definitivo
A partida orzamentaria para este curso ascende a 3.283.100 pesetas o que representa un aumento con respecto ao curso anterior de 294.100 pesetas. Con todo resulta insuficiente tendo en conta a inflacción e o aumento da matrícula.
O Seminario de Inglés decide participar nun concurso para representar a España no Parlamento Europeo dos Xoves. Pilar Garabana dirixe a elaboración dun traballo sobre "A política agraria na CEE". O segundo trimestre iníciase en todo o mundo co estalido da guerra en Irak, daquela chamada "a nai de todas as batallas". Vívese con moita intensidade no centro con manifestacións e peches a favor da paz. Sen dúbida, na historia do centro, este feito foi o acontecemento político-social que tivo maior repercusión. Pero este trimestre tamén comezou cunha sorprendente nova: o traballo sobre a política agraria na CEE resulta seleccionado entre todos os presentados. Trece alumnos do IB Mugardos representarán ao estado español na sesión do Parlamento Europeo dos Xoves que tería lugar en Fráncfort no mes de marzo (Ver resolución no BOE). Como pode supoñerse, a alegría deu paso a un traballo intenso. Habería que preparar os rapaces nun tempo limitado, en temas variados e complicados sobre as políticas europeas comúns. Por exemplo, o déficit democrático, a reunificación alemá ou a inmigración... Cada un dos participantes integraríanse nunha comisión diferente (a semellanza do Parlamento Europeo auténtico) e deberían debater e defender a postura española diante dos membros da súa comisión primeiro, e logo perante a asemblea con todos os demais representantes. Nesa asemblea votaríanse as resolución e enviaríanse os resultados ao Parlamento Europeo. Á dificultade intrínseca dos asuntos engadíase o feito de que as linguas de traballo nas sesións serían o inglés e o francés. Deberiamos familiarizarnos cos termos políticos nesas linguas nun prazo de só dous meses. A coordinadora foi Pilar Garabana.
Paralelamente á busca de información e á preparación intensiva dos alumnos en horarios non lectivos, recabáronse tamén axudas de diversas fontes que proporcionaron desde material informativo e turístico ata carpetas, chándales, camisolas, etc. Ao final a delegación española en Fráncfort resultou a máis preparada no aspecto material, aínda que nos outros aspectos notouse a vantaxe dos franceses e ingleses que podían expresarse na súa lingua nativa. En xeral, resultou un éxito do que se deu boa conta nos medios de comunicación, tanto prensa coma radio e televisión. Ademais serviría para establecer relacións con outros centros de Europa iniciándose no instituto a actividade de intercambios con outros centros que xa non se abandonaría.
Porén, a actividade extraacadémica non se limitou á viaxe a Fráncfort. Por iniciativa do seminario de música e aproveitando que en todo o mundo se está a celebrar o bicentenario da morte de W. A. Mózart, no mes de marzo dedícase unha semana a lembrar o compositor. Inclúese, ademais de audicións, unha conferencia pronunciada polo catedrático de musicoloxía da Univ. de Santiago José López Calo. Foi un rotundo éxito que supuxo a apertura cultural do centro ao entorno.
Para rematar ese curso, edítase o número 1 da revista VIRAVOLTA no marco da relación cos centros públicos de Mugardos e Ares. Contiña 40 páxinas, editada a multicopista e distribución gratuíta. Nel podemos ler, por exemplo, a crónica da viaxe a Fráncfort e a entrevista cos afortunados.
Viravolta Número 1 74 Páxinas Xuño de MCMXCI
EDITAN: C.P. CONDE DE FENOSA (Ares) C.P. UNIÓN MUGARDESA (Mugardos) C.P. SANTIAGO APÓSTOL (Franza) I.B. MUGARDOS (Mugardos)
COLABORADORES: Manuel Vilariño, profesor do CP Conde de Fenosa (Autor das ilustracións) Juan Carneiro, profesor do IB Mugardos. Concello de Mugardos Concello de Ares
"...decatámonos de que era posible facer bastantes traballos conxuntos que poderían repercutir na mellora do ensino público na máis fermosa península galega (...) na que se encontran os centros públicos "Conde de Fenosa" de Ares, I.B. Mugardos, "Unión Mugardesa" de Mugardos e "Santiago Apóstol" de Franza que poderán nomearse nesta orde ou ben dando unha VIRAVOLTA, xa que o resultado é o mesmo."
Así comezaba a presentación da primeira revista escolar do instituto do curso 1990-1991, publicada conxuntamente cos colexios de Ares, Franza e Mugardos. A publicación foi laboriosamente impresa a multicopista e cos materiais que dispuñan os centros. Por iso a calidade de edición non foi moi boa, pero chegaron ás setenta páxinas con contidos moi ben traballados como crónica da viaxe a Fráncfort para representar a España no primeiro Parlamento Europeo dos Xoves ou un elaborado estudo estatístico titulado "Síntense libres os estudantes de Ares e Mugardos?". As ilustracións acadaron un excelente nivel e levaron a firma de Manuel Vilariño, profesor do Conde de Fenosa.
Tamén se incluía un debuxo dedicado de SIRO, que no mes de maio dese ano deu un conferencia en Mugardos. Era 1991 e as Letras Galegas dedicáronselle a Cunqueiro.