O instituto foi creado polo decreto 136/87 (DOG do 29 de xuño). Entrou en funcionamento o 1 de xullo de 1987, pero non en Mugardos.
Ao non dispoñer de locais propios, comezou provisionalmente no edificio do Instituto de Formación Profesional de Pontedeume. Alí facíase xornada intensiva de 8:15 a 14:15, con clases de 45 minutos e dous recreos. Polo tanto, necesitábase transporte escolar. Tres autobuses partían ás 7:40 de Simou, Lubre e O Seixo simultaneamente recollendo aos rapaces nas paradas regulares de liña.
Neste curso inaugural impartense os cursos de 1.º e 2.º de BUP para 136 alumnos, 42 de Ares e 94 de Mugardos. Uns procedían dos centros de EXB e os maiores, do instituto de Barallobre (Fene), onde ata daquela se matriculaban a maioría dos bachareis mugardeses.
O primeiro equipo directivo foi nomeado en comisión de servizos para un só curso, con data de cesamento o 1 de xullo de1988. Estaba composto por:
Director: Ánxel Villar Bellas Xefa de Estudos: Mª Pilar Rico Vilariño Vicedirector: José Antonio Varela García Secretaria:Inmaculada Ogalla Jiménez
Tamén o profesorado foi nomeado con destino provisional. O claustro estivo formado polos seguintes trece docentes:
Pilar Rico Vilariño
Inglés
M.ª José Sánchez Souto
Inglés
Eduardo Mayáns Labarta
Debuxo
M.ª Mercedes Caparrós Esperante
Galego
Balbina Salas Suárez
Ciencias
Olga Rodríguez López
Francés
José Antonio Varela García
Matemáticas
Manuel Jesús Ferro Soto
Xeografía e Historia
Inmaculada Ogalla Jiménez
Latín
Luis González García
Castelán
Ánxel Villar Bellas
Física e Química
Manuel López Calo
Relixión
Dolores Teijeiro Pereiro
Educación Física
O persoal de administrativo e servizos tamén foi nomeado provisionalmente. Carmen Carro Regueiro e Teresa Varela Iglesias foron a primeira administrativa e limpadora, respectivamente.
Tamén coñecemos o nome dos representantes dos pais no Consello Escolar: M.ª Dolores Vázquez Filgueira e Ángeles Bastida Veiga; así como o representate dos alumnos: Manuel Luis Gil Fernández.
A dotación económica inicial foi de 2.102.100 pesetas. Sábese, ademais, que o centro obtivo o terceiro premio de 75.000 pesetas no concurso de informática organizado polo Proxecto Estrella de Galicia que tiña como finalidade a informatización dos centros de ensino de Galicia. O traballo foi coodinado por Ánxel Villar.