8.4. As prácticas políticas na España da Restauración
Requisitos do completado
O encasillado e a fraude electoral sistemática alicerzada na connivencia dos gobernos da quenda dinástica coas redes clientelares locais e provinciais permitiu unha etapa de orde política que favoreceu o progreso económico ata o desastre de 1898. Foi o comezo das críticas e propostas rexeneracionistas daquel sistema liberal que non foi quen de democratizarse e padeceu unha longa crise durante as dúas primeiras décadas do século XX.
Son as cuestións que debes desenvolver na proposta de composición que xuntamos nesta práctica.
Prema na ligazón 23. Prácticas políticas na España da Restauración.pdf para ver o ficheiro.