Section outline
-
A evolución política, económica e social da Península Ibérica entre a serodia idade antiga e mediados do século XV caracterizouse por:
a) A diversidade étnica e cultural tanto en Al Andalus (hispanos mozarabe e muladies, sefardíes, bereberes norteafricanos, eslavos, árabes etc) como nos reinos hispanocristiáns segundo foron conquistando territorios das taifas hispanomusulmás e incorporaron poboación mourisca (mudexar) e sefardí.
b) Unha economía artesanal, comercial e cunha agricultura especializada en Ál Andalus, continuando a da Bética baixorromana, e outra preferentemente agraria e gandeira nos reinos hispanocristiáns ata o aumento do comercio nas vilas dos cos camiños a Santiago e nas feiras. Os latifundios cerealeiros e a Mesta determinarán a economía de Castela dende a plena Idade Media.
c) A expansión comercial e política do reino de Aragón, Cataluña, Valencia e Mallorca polo Mediterraneo central (sur de Italia) e oriental.
d) a unificación dos reinos occidentais pola coroa de Castela e León e o fortalecemento da monarquía ao remate da crise baixo medieval.
-
O estado tributario andalusí converteuse no máis rico e poderoso do Mediterráneo oriental herdando a economía mediterránea da Bética, que desenvolveu con novas técnicas e cultivos, fomentando a artesanía e o comercio e incorporando a diversos grupos étnicos musulmáns (bereberes, sirios, eslavos, árabes), xudeos e hispanos (mozárabes e muladíes conversos ao Islam)
-
O enfrontamento entre cristiáns e musulmáns agravouse durante os secs. XI e XII coas Cruzadas, que fracasaron no proxecto de controlar Jerusalem, e coa expansión cristiá sobre os territorios andalusíes (a denominada Reconquista do vello reino visigodo). Iso provocou a reacción musulmana en todo o Mediterráneao: fatimies en Exito e, sucesivamente, almoravides e almohades que pasaron a Al Aldalus para reunificar as taifas hispanomusulmás e frear o avance cristián, evidente dende 1085 coa toma de Toledo por Afonso VI de León e Castela.
-
Foi o derradeiro estado independente dos hispanomusulmáns na Península Ibérica. Sobreviviu mercé a concentración de poboación no territorio protexido polos cordais béticos, que era vasalo do reino de León e Castela ao que fornecía importantes tributos derivados da riqueza artesanal e comercial dos granadinos. Esas parias e as crises políticas e sociais do século XIV e XV explican a pervivencia do emirato nazarí ata 1492.
-
Elabora un mapa conceptual sobre as características das crises (demográfica, económica, social e política) dende mediados do século XIV e a súa incidencia desigual nos reinos hispanocristiáns peninsulares.
Completa os teus apuntamentos das sesións presenciais coas informacións que fornecen os materiais que se xuntan neste cartafol.