Saltar navegación

6. Que aprendín? Avaliámonos

Por que fixemos todo esto? A Escola Bauhaus

Ó longo de todas as secuencias anteriores estivemos intentando mesturar tecnoloxía, lingua, sociedade e ética, unha filosofía afín á da célebre Escola Bauhaus.

Que foi a Bauhaus?

A Staatliches Bauhaus (1919-1933) foi unha escola alemá fundada por Walter Gropius en Weimar e logo trasladada a Dessau e Berlín. Converteuse no berce do deseño e da arquitectura moderna ó fusionar belas artes, artesanía tradicional e tecnoloxía industrial baixo a consigna «Arte e técnica: unha nova unidade».

Escola multidisciplinar

A Bauhaus rompeu co ensino académico convencional. Profesionais da pintura, escultura, deseño, arquitectura e da artesanía traballaban en equipo nos talleres, considerados auténticos laboratorios de investigación. Cada alumno e alumna cursaba primeiro o Vorkurs (curso preliminar) para explorar cor, forma e materiais, e logo elixía un obradoiro (madeira, metal, téxtil, tipografía…). O obxectivo: crear obxectos útiles, estéticos e aptos para a produción en serie.

Sistema pedagóxico e obxectivos transversais

  • Aprender facendo: o/a mestre artístico e o mestre artesán guiaban proxectos prácticos, non só teoría.
  • Interdisciplinariedade: borráronse as barreiras entre artes plásticas, enxeñería, tipografía e escena.
  • Funcionalidade social: deseñar para mellorar a vida cotiá, democratizando o acceso ó bo deseño.
  • Innovación material: uso de aceiro tubular, vidro, formigón, tipografía sans serif e fotografía experimental.
  • Visión global: arquitectos e arquitectas, deseñadores e artistas debían entender toda a cadea produtiva, da idea ao mercado.

Filosofía e logros

A Bauhaus sentou as bases do International Style: formas xeométricas simples, ausencia de ornamento superfluo, honestidade estrutural e adecuación ó uso. Entre os seus fitos destacan:

  • O Edificio Bauhaus de Dessau (1925-26), manifesto de vidro e formigón asinado por Gropius (ver edificio).
  • Mobiliario icónico: cadeira Wassily de Marcel Breuer, cadeira Barcelona de Mies van der Rohe e Lilly Reich (pavillón 1929).
  • Tipografía moderna: fontes como Futura (Paul Renner) popularizaron a sans serif funcional.
  • Expansión mundial: tras o peche pola presión nazi (1933), moitos profesores emigraron e levaron as ideas da Bauhaus a EEUU (IIT Chicago, Black Mountain College), Israel (Tel Aviv «Cidade Branca») ou Latinoamérica.

Nomes representativos

Bauhaus a BauGal

A Bauhaus consolidouse como un proxecto educativo transversal que uniu arte, ciencia e industria para humanizar a sociedade a través do deseño. O seu legado segue presente en edificios, obxectos e metodoloxías de ensino contemporáneas. E a ela debemos este Proxecto BauGal.

Avaliámonos

A través das actividades que fuches realizando, individual ou en equipos, da lectura de documentos, a manipulación de páxinas web e a creación de novos materiais, traballaches todas as competencias do currículo.

Lectura facilitada

Cualificación desta unidade

  • Traballo diario: 50%
  • Tarefa "A nosa vivenda máis antiga": 50%

Avaliación do traballo diario na aula

Escala de avaliación de traballo na aula
Ana Moreiras e Alexandra Pacheco. Escala de avaliación de traballo na aula (CC BY-SA)

Escala de avaliación de traballo en equipo
Ana Moreiras e Alexandra Pacheco. Escala de avaliación de traballo en equipo (CC BY-SA)


Avaliación da tarefa "Análise da nosa vivenda máis antiga"

  • Lembra que debes subir o informe ó Portfolio e logo, nunha versión reducida, ó Padlet.
  • Rúbrica.
Rúbrica avaliación
Ana Moreiras. Rúbrica avaliación "A nosa vivenda máis antiga" (CC BY-SA)

Criterios de avaliación

Criterios de avaliación da materia de Lingua galega

  • CA1.5 - Elaborar traballos de investigación de maneira progresivamente autónoma en diferentes soportes sobre diversos temas de interese académico, persoal ou social, partindo da información seleccionada.
  • CA2.1 - Comprender e valorar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais, escritos e multimodais de certa complexidade de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os diferentes códigos e avaliando a súa calidade, a súa fiabilidade e a idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
  • CA2.2 - Realizar exposicións e argumentacións orais e escritas de certa extensión e complexidade con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social, educativo e profesional axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez, coherencia e cohesión e co rexistro adecuado en diferentes soportes, utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais.
  • CA2.3 - Participar de maneira activa e axeitada en interaccións orais informais e en situacións orais formais de carácter dialogado, mantendo actitudes de escoita activa e estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.
  • CA2.5 - Planificar a redacción de textos escritos e multimodais sinxelos, atendendo á situación comunicativa, ao destinatario, ao propósito e á canle, presentando, despois da súa revisión, un texto final coherente, cohesionado e co rexistro adecuado.
  • CA2.6 - Localizar, seleccionar e contrastar información de maneira progresivamente autónoma procedente de diferentes fontes, calibrando a súa fiabilidade e reelaborala e comunicala de maneira creativa adoptando un punto de vista crítico e respectando os principios de propiedade intelectual.
  • CA2.7 - Adoptar hábitos de uso crítico, seguro, sustentable e saudable das tecnoloxías dixitais con relación á procura e á comunicación da información, reflexionando sobre as posibles manipulacións presentes nas canles de transmisión da información
  • CA3.1 - Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais de certa complexidade, realizando as inferencias necesarias e con diferentes propósitos de lectura.
  • CA4.1 - Incorporar procedementos para enriquecer os textos atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical, valorando o dominio do sistema fonético-fonolóxico, o uso do léxico tradicional e as construcións morfosintácticas máis xenuínas.
  • CA4.2 - Revisar os textos propios de maneira progresivamente autónoma e identificar e solucionar os problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso
  • CA4.3 - Explicar e argumentar a interrelación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor, utilizando o coñecemento explícito da lingua e a metalinguaxe específica.


Criterios de avaliación da materia de Tecnoloxía

  • CA1.1 - Idear e planificar solucións tecnolóxicas que xeren valor para a comunidade após analizar as necesidades da contorna.
  • CA1.2 - Aplicar estratexias colaborativas de xestión de proxectos, validando iterativamente desde a ideación ata a difusión.
  • CA1.3 - Xestionar un proxecto de forma creativa, empregando técnicas de investigación e ideación para obter solucións eficientes, accesibles e innovadoras.
  • CA1.5 - Intercambiar información e fomentar o traballo en equipo de maneira asertiva.
  • CA1.6 - Analizar os beneficios da arquitectura bioclimática e do eco-transporte no desenvolvemento sostible.
  • CA1.7 - Identificar e valorar o alcance social dos proxectos tecnolóxicos a través de comunidades abertas, voluntariado ou servizo á comunidade.
  • CA5.1 - Crear contidos e difundilos en distintas plataformas, configurando axeitadamente as ferramentas dixitais e respectando os dereitos de autor.
  • CA5.2 - Presentar e divulgar propostas tecnolóxicas de maneira efectiva, empregando unha linguaxe inclusiva e non sexista, xestionando o tempo e a expresión oral/visual.
  • CA5.3 - Organizar a información de forma estruturada e aplicar técnicas de almacenamento seguro.

Criterios de cualificación

  • Autoavaliación do traballo na aula a través da rúbrica inicial.
  • Autoavaliación da aprendizaxe de novos contidos a través dos cuestionarios que hai ó longo dos capítulos.
  • Adquisición de novo coñecemento a través da valoración da profe das tarefas:
    • Deseño do roteiro.
    • Creación do díptico do roteiro.
    • Difusión da convocatoria.
    • Participación activa no roteiro e na difusión dos seus resultados, respectando o traballo en equipo, e cumprindo o teu rol.

Agora avalíasnos ti

Rúbrica de exemplo (4x4)
 Moi de acordoBastante de acordoAlgo en desacordoMoi en desacordo
NavegabilidadeÉ moi intuitivo navegar a través deste recurso dixital. (2.5)É bastante intuitivo navegar a través deste recurso dixital. (1.75)É pouco intuitivo navegar a través deste recurso dixital. (1.50)Non é nada intuitivo navegar a través deste recurso dixital. (1.25)
Contidos: presentación e nivelDesde a primeira sesión, os contidos que van verse están totalmente claros e atópoos ó meu nivel. (2.5)Desde a primeira sesión, os contidos que van verse están suficientemente claros e atópoos ó meu nivel. (1.75)Non creo que os contidos estean moi claros e non atopo que sexan totalmente adecuados para o meu nivel. (1.50)Os contidos están desordenados e moi por riba/baixo do meu nivel. (1.25)
Actividades e interactividadeAs actividades e tarefas axudáronme en xeral a comprender mellor os contidos e hai moitos recursos variados e interactivos (xogos, imaxes e botóns despregables, vídeos...) (2.5)As actividades e tarefas axudáronme a veces a comprender mellor os contidos e hai bastantes recursos variados e interactivos (xogos, imaxes e botóns despregables, vídeos... (1.75)As actividades e tarefas raramente me axudaron a comprender mellor os contidos e hai escasos recursos interactivos. (1.50)As actividades e tarefas non me axudaron a comprender mellor os contidos e os recursos interactivos son insuficientes. (1.25)
DiversidadeCos recursos da unidade, podería facilmente ampliar información na casa ou repasar tranquilamente e así aprender mellor. (2.5)Cos recursos da unidade, podería ampliar información na casa ou repasar tranquilamente e así aprender mellor, pero boto en falta máis. (1.75)Cos recursos da unidade, non podería ampliar información na casa ou repasar tanto como o preciso. (1.50)Non hai recursos que me permitan ampliar ou reforzar o que se ve na aula. (1.25)
  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)