Saltar navegación

2. A cidade é nosa

Está a nosa vila en liña co urbanismo do s. XXI?

2

Como aprendimos na unidade O mundo que habitamos, o urbanismo é a disciplina que se encarga de planificar, organizar e ordenar o territorio urbano, é dicir, as cidades, vilas e outros asentamentos humanos. Combina coñecementos de arquitectura, enxeñaría, socioloxía, xeografía, economía e ecoloxía para crear espazos habitables, eficientes, sostibles e xustos.

As cidades que queremos repénsanse continuamente nos catro ámbitos que podes ver na imaxe. Reflexionade en parellas: como é a vosa cidade en relación a eses temas? Que se vos ocorre, nun rápido brainstorming, para mellorar?

Cando rematedes, faremos unha posta en común. 

(Premede na lupiña para ampliar información).

{"typeGame":"Mapa","instructions":"","showMinimize":false,"showActiveAreas":false,"author":"","url":"resources/ODE2.1.png","authorImage":"Deseño de Chat GPT","altImage":"10","itinerary":{"showClue":false,"clueGame":"","percentageClue":40,"showCodeAccess":false,"codeAccess":"","messageCodeAccess":""},"points":[{"id":"p1432547344090","title":"Sostibilidade habitacional","type":2,"url":"","video":"","x":0.052858697094963596,"y":0.40436885796704336,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":20,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a1432547344090","pts":[{"id":"p1328716895611","title":"","type":0,"url":"","video":"","x":0,"y":0,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a1328716895611","url":"","alt":"","author":"","pts":[]},"slides":[{"id":"s1328716895611","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0}],"url":"","alt":"","author":"","active":0},"slides":[{"id":"s1432547344090","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0,"audio":""},{"id":"p112009868250","title":"Sostibilidade ambiental","type":2,"url":"","video":"","x":0.9466019417475728,"y":0.444311286407767,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":20,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a112009868250","pts":[{"id":"p1029971078371","title":"","type":0,"url":"","video":"","x":0,"y":0,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a1029971078371","url":"","alt":"","author":"","pts":[]},"slides":[{"id":"s1029971078371","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0}],"url":"","alt":"","author":"","active":0},"slides":[{"id":"s112009868250","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0,"audio":""},{"id":"p867442686272","title":"Sostibilidade sociocultural","type":2,"url":"","video":"","x":0.04951456310679612,"y":0.898680218446602,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":20,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a867442686272","pts":[{"id":"p1662534397890","title":"","type":0,"url":"","video":"","x":0,"y":0,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a1662534397890","url":"","alt":"","author":"","pts":[]},"slides":[{"id":"s1662534397890","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0}],"url":"","alt":"","author":"","active":0},"slides":[{"id":"s867442686272","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0,"audio":""},{"id":"p576376944918","title":"Infraestruturas","type":2,"url":"","video":"","x":0.9601941747572815,"y":0.9192657766990291,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":20,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a576376944918","pts":[{"id":"p1024343772534","title":"","type":0,"url":"","video":"","x":0,"y":0,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a1024343772534","url":"","alt":"","author":"","pts":[]},"slides":[{"id":"s1024343772534","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0}],"url":"","alt":"","author":"","active":0},"slides":[{"id":"s576376944918","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0,"audio":""}],"isScorm":0,"textButtonScorm":"Guardar la puntuación","repeatActivity":false,"textAfter":"","evaluation":0,"selectsGame":[{"typeSelect":0,"numberOptions":4,"quextion":"","options":["","","",""],"solution":"","solutionWord":"","percentageShow":35,"msgError":"","msgHit":""}],"isNavigable":true,"showSolution":true,"timeShowSolution":3,"version":2,"percentajeIdentify":100,"percentajeShowQ":100,"percentajeQuestions":100,"autoShow":false,"autoAudio":true,"optionsNumber":0,"evaluationF":false,"evaluationIDF":"","id":"202552114024-120","order":"","msgs":{"msgSubmit":"Enviar","msgIndicateWord":"Proporcione unha palabra ou expresión","msgClue":"Xenial! A pista é:","msgErrors":"Erros","msgHits":"Acertos","msgScore":"Puntuación","msgMinimize":"Minimizar","msgMaximize":"Maximizar","msgFullScreen":"Pantalla Completa","msgNoImage":"Pregunta sen imaxes","msgSuccesses":"Correcto! | Excelente! | Xenial! | Moi ben! | Perfecto!","msgFailures":"Non era iso! | Incorrecto! | Non é correcto! | Sentímolo! | Erro!","msgTryAgain":"Necesitas polo menos un %s% de respostas correctas para conseguir a información. Volve tentalo.","msgEndGameScore":"Antes de gardar a puntuación comece a partida.","msgScoreScorm":"A puntuación non se pode gardar porque esta páxina non forma parte dun paquete SCORM.","msgPoint":"Punto","msgAnswer":"Resposta","msgOnlySaveScore":"Só se pode gardar a puntuación unha vez!","msgOnlySave":"Só se pode gardar unha vez","msgInformation":"Información","msgYouScore":"A puntuación","msgOnlySaveAuto":"A puntuación gardarase despois de cada pregunta. Só se pode xogar unha vez.","msgSaveAuto":"A puntuación gardarase automaticamente despois de cada pregunta.","msgSeveralScore":"Pódese gardar a puntuación tantas veces como se queira","msgYouLastScore":"A última puntuación gardada é","msgActityComply":"Xa realizaches esta actividade.","msgPlaySeveralTimes":"Pódese realizar esta actividade tantas veces como se queira","msgClose":"Pechar","msgPoints":"puntos","msgPointsA":"Puntos","msgQuestions":"Preguntas","msgAudio":"Audio","msgAccept":"Aceptar","msgYes":"Si","msgNo":"Non","msgShowAreas":"Amosar áreas activas","msgShowTest":"Amosar cuestionario","msgGoActivity":"Prema aquí para realizar esta actividade","msgSelectAnswers":"Seleccione as opcións correctas e prema no botón ","msgCheksOptions":"Marca tódalas opcións na orde axeitada e preme no botón ","msgWriteAnswer":"Escribe a palabra ou frase correcta e preme no botón ","msgIdentify":"Identifica","msgSearch":"Buscar","msgClickOn":"Prema sobre","msgReviewContents":"Debes repasar o %s% dos contidos da actividade antes de completar o cuestionario.","msgScore10":"Todo perfecto! Parabéns! Desexas repetir esta actividade?","msgScore4":"Non superaches esta proba. Repasa os seus contidos e téntao de novo. Desexas repetir a actividade?","msgScore6":"Moi ben! Superaches a proba, pero seguro que o podes mellorar. Desexas repetir esta actividade?","msgScore8":"Case perfecto! Aínda podes facelo mellor. Desexas repetir esta actividade?","msgNotCorrect":"Non é correcto! Premiches sobre","msgNotCorrect1":"Non é correcto! Premiches sobre","msgNotCorrect2":"e a resposta correcta é","msgNotCorrect3":"Téntao outra vez!","msgAllVisited":"Xenial! Visitaches os puntos necesarios.","msgCompleteTest":"Podes facer o test.","msgPlayStart":"Prema aquí para comezar","msgSubtitles":"Subtítulos","msgSelectSubtitles":"Seleccione un ficheiro de subtítulos. Formatos admitidos:","msgNumQuestions":"Número de preguntas","msgHome":"Inicio","msgReturn":"Volver","msgCheck":"Comprobar","msgUncompletedActivity":"Actividade non completada","msgSuccessfulActivity":"Actividade superada. Puntuación: %s","msgUnsuccessfulActivity":"Actividade non superada. Puntuación: %s","msgTypeGame":"Mapa"}}

Vivendas menos contaminantes e máis confortables, saudables e bonitas.

Mellora das áreas naturais e redución do impacto da actividade urbana no ecosistema: menos consumo, menos residuos.

Construción dun tecido humano resistente e ben conectado, fortalecendo a comunidade.

Vías, servizos e espazos públicos que prioricen a cidadanía e desconxestionen o centro urbano.

Su navegador no es compatible con esta herramienta.

Comparativa de webs municipais

Duración
20'
Modo de participación
En parellas
Captura de imaxe da web do concello de Pontevedra
Ana Moreiras. Web do concello de Pontevedra (CC BY-SA)

Abre a web do concello de Pontevedra e a do teu concello e analiza as diferencias. Escribe tres aspectos que estean ben na web da vosa vila e tres que deberían mellorarse ou aparecer se aínda non están.

Cara a onde queremos ir?

Espazos públicos integradores e sostibles

Os espazos públicos son indicadores da calidade de vida en relación á seguridade e confort que nos proporcionan así como os servizos sociais, económicos e culturais.

A Xunta de Galicia creou unha Guía de boas prácticas na intervención de espazos públicos para proporcionar criterios que aseguren que avanazamos cara a espazos integrados, eficientes, inclusivos e responsables, tendo en conta as contornas urbanas, rurais e naturais, e respectando a diversidade paisaxística de Galicia que vai máis ala destas contornas.

Imos ver este vídeo onde se explica como funciona a guía e logo continuaremos lendo. En liñas xerais, na guía analízanse máis de 100 espazos públicos das 12 grandes áreas paisaxísticas de Galicia, identificándose 13 tipoloxías. Estes trece grupos cobren dende a escala miúda (micro-espazos, accesibilidade vertical) ata a grande escala paisaxística (bordos litorais ou carballeiras), permitindo clasificar practicamente calquera intervención sobre o dominio público galego. Os conceptos chave que debes comprender son:

  • Paisaxe cultural: recoñece o espazo público como produto da interacción histórica entre sociedade e territorio.
  • Cohesión social: prioriza deseños que fomenten encontro, xogo interxeracional e igualdade de uso.
  • Adaptación bioclimática: aprovéitase a orientación solar, a ventilación natural ou a sombra vexetal para reducir consumo enerxético.
  • Economía circular: selección de materiais durables, reciclables e de proximidade.
  • Servizos ecosistémicos: pavimentos permeables, xardíns de choiva e arborado que melloran a confort térmica e xestionan a escorrentía.

Unha cidade que non sexa propiedade do turismo

A xentrificación é un proceso urbano polo cal certos barrios populares ou históricos experimentan unha transformación progresiva debida á chegada de novos habitantes con maior poder adquisitivo. Esta chegada adoita ir acompañada da rehabilitación de edificios, apertura de negocios enfocados ó turismo ou ó consumo de luxo, e un encarecemento xeral dos prezos: dos alugueiros, da vivenda, dos produtos e servizos locais.

A primeira vista, pode parecer unha mellora: as rúas están máis limpas, hai novos establecementos, restáuranse edificios en ruínas. Pero o que ocorre detrás é máis complexo e problemático: as persoas que vivían alí tradicionalmente, moitas veces de rendas baixas ou ligadas á identidade histórica do barrio, vense obrigadas a marchar. A xentrificación non é só un cambio físico, senón tamén social e cultural: expulsa ás veciñanzas orixinais e despersonaliza os espazos, converténdoos en decorados turísticos.

Turismo en Galicia

Segundo datos de xuño de 2024, Galicia rexistrou máis de 12,4 millóns de pernoitas turísticas ata outubro, un incremento do 1,4 % respecto ó ano 2023. De acordo coa Oficina do Peregrino, en Santiago de Compostela concedéronse 499 239 Compostelas, o que representa un incremento do 11,9 % respecto do ano anterior.

Turismo en Galicia no 2024
Ana Moreiras con Chat GPT. Turismo en Galicia no 2024 (CC BY-SA)



Compostela é un exemplo claro de xentrificación. A cidade histórica, co seu carácter monumental e o Camiño de Santiago converteuse nun espazo crecente de atracción para investimentos turísticos. Debido a isto, alugueiros de longa duración foron substituídos por vivendas turísticas; moitas persoas maiores, estudantes e familias con baixos ingresos tiveron que abandonar o centro pola subida dos prezos. Este fenómeno afectou tamén ós comercios tradicionais, que foron substituídos por tendas de souvenirs, cafeterías de estética internacional e pisos turísticos xestionados por grandes plataformas.

O resultado é unha cidade que, en lugar de acoller á súa veciñanza, prioriza o uso turístico do espazo público e da vivenda, provocando a perda de identidade e dificultando que Compostela siga sendo un lugar habitable para a súa poboación local. A situación esixe políticas públicas valentes que limiten a especulación, protexan a vivenda social e garantan o dereito a vivir na cidade.

Para saber máis sobre o fenómeno da xentrificación, propoñémosvos que botedes un ollo a este vídeo sobre xentrificación de Miles de Ciudades

Unha cidade segura

A seguridade nas cidades é un dos piares fundamentais para garantir unha boa calidade de vida. Sentirse seguro no espazo público permite ás persoas desenvolverse con liberdade, participar na vida comunitaria, traballar, estudar, gozar do lecer e crear lazos sociais. Mais a seguridade urbana non debe entenderse só como a ausencia de delitos, senón tamén como un conxunto de condicións físicas, sociais e culturais que fan que a cidade sexa acolledora e habitable para todas as persoas.

Factores como a iluminación adecuada, o deseño de espazos abertos, a presenza de zonas verdes ben coidadas, o mantemento do mobiliario urbano, o transporte público accesible e a planificación participativa da cidade contribúen a reducir o medo e previr situacións de risco. Tamén é esencial o traballo comunitario, a implicación cidadá e a educación en convivencia, respecto e igualdade.

Cidades seguras para as mulleres

Non todas as persoas viven a cidade do mesmo xeito. As mulleres enfróntanse a situacións específicas de inseguridade que van máis alá das estatísticas de delincuencia: miradas invasivas, comentarios non desexados, medo a camiñar soas pola noite ou a utilizar determinados espazos. Este tipo de violencias cotiás limitan a liberdade de movemento e afectan ó benestar emocional das mulleres.

Por iso, unha cidade verdadeiramente segura é aquela que incorpora a perspectiva de xénero no seu deseño e na súa xestión. Isto implica escoitar as experiencias das mulleres, mellorar a visibilidade e accesibilidade dos espazos, garantir transportes seguros e promover campañas de sensibilización. Significa tamén recoñecer que a violencia simbólica ou ambiental é tan limitante como a física.

Reflexión

Abre Google Maps e calcula o traxecto que hai desde a túa vivenda ata o instituto. Supoñamos que tiveses que facelo en bicicleta: que tramos son seguros e cales non? E camiñando? 

Supón agora que volves de noite á casa, tarde. Sentiríaste segura/o?

Ana Moreiras. Calcular ruta en Google Maps (CC BY-SA)

Eco-barrios

Os eco-barrios e comunidades enerxéticas son iniciativas onde a veciñanza se organiza para reducir as emisións de CO₂ e facer os barrios máis sostibles. Características comúns:

  • Autoorganización veciñal: xorde no propio barrio e, ás veces, conta co apoio do concello.
  • Propiedade compartida e beneficio mutuo: aforran na factura eléctrica e reducen ata un 30–100 % das emisións.
  • Educación e participación: obradoiros sobre eficiencia, horta urbana, mobilidade sostible ou compostaxe.
  • Escalabilidade: comezan con poucos edificios públicos e amplíanse a vivendas privadas ou distritos completos.
Exemplos de veciñanza que se organiza para baixar as emisións
Nome do modelo Que fan Exemplos con ligazón
Transition Towns Grupos que fomentan consumo local, horta urbana, reparación, renovables e resiliencia. Totnes (UK)
Worthing (UK)
Comunidades enerxéticas / Barrio solar Paneis solares comunitarios, repartición da enerxía e reinvestimento en acción social. Barrio Solar Actur
La Pablo Renovable
CE Casco Histórico Toledo
Eco-distritos / Barrios carbono-neutros Barrios deseñados ou rehabilitados para cero emisións: edificios eficientes, calor distrital renovable, mobilidade a pé/bici, zonas verdes. Bahnstadt (Heidelberg)
Bryant District (Ann Arbor)
Clichy-Batignolles (París)
Proxectos “cero” locais Plans municipais integrais que mobilizan fogares, industria e transporte cara á neutralidade climática. Project Zero – Sønderborg

As cidades do futuro: sensibles e intelixentes

Ana Moreiras. Cidades sensibles e intelixentes. (CC BY-SA)

A evolución das ferramentas tecnolóxicas de tipo Big Data deron lugar a un concepto novo de cidade onde, utopicamente, a recollida de información en tempo real (temperatura, polución, lixo nas rúas, prazas de parking, bicis eléctricas en algueiro, etc.) permitiría á xente vivir mellor, sen por isto contaminar máis.

Este tipo de tecnoloxías, indudablemente, fan máis sinxela a nosa vida... pero tamén nos controla máis.

Neste vídeo tés unha breve panorámica do Plan nacional de cidades intelixentes que ten deseñado o Ministerio de Tecnoloxía, Industria e Turismo de España.

Algúns aspectos chave destas cidades son a dixitalización dos servizos públicos para facilitar o acceso á cidadanía e promover a transparencia; a xestión dos residuos e o uso eficiente dos recursos enerxéticos; a mellora do transporte público.

Moitas persoas cren que o concepto de Smart City quedou obsoleto e falan agora de "Sharing city" ou "Cidades dos coidados", buscando un lado máis humano no deseño urbano: en efecto, a tecnoloxía non debe estar por riba de aspectos como os coidados, a accesibilidade, a política ou o deseño.

É esencial ver na tecnoloxía unha ferramenta de mellorar a calidade de vida, pero non un fin último. E cómpre, tamén, recordar que a xestión dos datos que aportamos a cidanía implica, paralelamente, control desa información.

Algúns exemplos:

  • Rúas, estradas e aparcadoiros
  • Camiños e sendas peonís interiores (tránsitos rurais, sendas escolares, accesos compartidos, etc.)
  • Paseos e sendas costeiras (paseos marítimos, camiños de servidume litoral, rutas de cantís…)
  • Paseos e sendas fluviais (córregos, ribeiras urbanas, vieiros de ribeira)
  • Prazas urbanas (núcleos históricos, prazas cívicas contemporáneas, espazos estacionais)
  • Xardíns e parques (parques urbanos, áreas recreativas suburbás, xardíns botánicos)
  • Carballeiras e campos da feira (tradicionais lugares de reunión e festa)
  • Espazos públicos en contornos patrimoniais (acrópoles históricas, pazos, mosteiros, castros)
  • Orlas e fronte litorais urbanas / rías (dársenas, beirarrúas portuarias, miradoiros sobre a ría)
  • Bordos urbanos e transicións campo-cidade (ensanches periféricos, áreas periurbanas)
  • Espazos industriais e portuarios con uso público (parques empresariais, zonas de servizo abertas)
  • Elementos de mobilidade vertical (ascensores, escaleiras mecánicas, funiculares, pasarelas)
  • Outros espazos singulares destinados a infraestruturas públicas menores (glorietas axardinadas, plataformas estacionais, micro-espazos residuais recuperados).

Lectura facilitada

As cidades do futuro

Ana Moreiras. Cidades sensibles e intelixentes (CC BY-SA)

Que son as Smart Cities?

As cidades intelixentes usan tecnoloxía moderna para mellorar a vida da xente e coidar o medio ambiente.

Estas cidades recollen datos en tempo real para saber como se usan os recursos, como se moven as persoas ou onde hai problemas.

Exemplos:

  • Saber cantas prazas libres hai nun aparcadoiro.
  • Evitar atascos e cambiar a ruta dos buses.
  • Medir a calidade do aire con sensores.

Estas tecnoloxías fan a vida máis doada, pero tamén poden controlar o que facemos.

Os gobernos locais dixitalizan servizos como:

  • Facer trámites por internet (sé electrónica).
  • Consultar o catastro ou pagar impostos.
  • Participar en decisións da cidade (como fai VTaiwan).

Outro obxectivo é xestionar ben os residuos e aforrar enerxía, usando fontes renovables e sistemas eficientes.

Senseable cities: outro modelo de cidade

Hoxe moita xente pensa que non chega con ter tecnoloxía: tamén hai que pensar nas persoas.

Por iso fálase de cidades sensibles, que se preocupan polos coidados, o deseño, a proximidade e a accesibilidade.

O arquitecto Vicente Guallart defende facer barrios autosuficientes onde se poida vivir ben sen desprazarse moito. Un exemplo son as vivendas post-COVID de Barcelona.

Un proxecto importante sobre estas cidades é o Senseable City Lab do MIT. Este laboratorio estuda como a tecnoloxía cambia a forma de vivir nas cidades.

Un dos seus proxectos chámase Treepedia. Usa imaxes de Google Street View para medir cantas árbores hai nas rúas dunha cidade. Calquera pode usar este programa, porque está dispoñible de balde na web GitHub.

Comproba se entendiches os conceptos!

1. Cal dos seguintes é un exemplo de servizo ecosistémico nun espazo público?




2. O concepto de biophilia promove…




3. Un dos obxectivos centrais da Guía de boas prácticas é…




4. Que tipoloxía describe unha área arborada tradicional para eventos sociais en Galicia?




5. Que modelo fomenta a reutilización de recursos e a minimización de residuos?




6. Cal destas opcións NON é un factor bioclimático de deseño?




7. Para favorecer a cohesión social, un espazo público debería…




8. A expresión paisaxe cultural refírese á…




9. Os SUDS buscan principalmente…




10. O Plan Nacional de Ciudades Inteligentes pretende…




11. O Consello Asesor de Ciudades Inteligentes servirá para…




12. Un dato en tempo real nunha cidade sensible sería…




13. A transición cara ás Cidades dos coidados busca…




14. Cal é un risco derivado da recollida masiva de datos nas cidades sensibles?




Lectura facilitada

1. Espazos públicos e Guía de boas prácticas

Un bo espazo público mellora a nosa vida porque é cómodo, seguro e ofrece servizos. A Xunta de Galicia fixo unha Guía para axudar a deseñalos. Quere que sexan:

  • Integrados na paisaxe.
  • Eficientes e accesibles.
  • Responsables co medio ambiente.

Na Guía analízanse máis de 100 exemplos de toda Galicia e clasifícanse 13 tipos de espazos.

Conceptos clave:

  • Paisaxe cultural: o lugar conta a historia da súa xente.
  • Cohesión social: o deseño debe favorecer o encontro e o xogo.
  • Adaptación bioclimática: aproveitar sol, vento ou sombra natural para aforrar enerxía.
  • Economía circular: usar materiais locais, duradeiros e reciclables.
  • Servizos ecosistémicos: árbores, xardíns de choiva ou pavimentos permeables que axudan á sombra e á drenaxe.

2. Xentrificación e turismo

A xentrificación ocorre cando chegan persoas con máis cartos a un barrio popular. Suben os prezos e a veciñanza de sempre debe marchar. En Santiago de Compostela moitos pisos de alugueiro convertéronse en vivendas turísticas. A cidade perde residentes e comercios de proximidade.

3. Urbanismo con perspectiva de xénero

As cidades foron deseñadas pensando sobre todo nos coches e no traballo. As mulleres fan máis traxectos a pé, usan máis o transporte público e precisan espazos ben iluminados e seguros.

  • Ampliar beirarrúas e eliminar barreiras.
  • Mellorar iluminación e servizos próximos.
  • Facer participar a toda a cidadanía nas decisións.

4. Seguridade urbana

Sentirse seguro inclúe boa iluminación, zonas verdes coidadas, transporte accesible e participación veciñal. As mulleres sofren medos e agresións que non sempre aparecen nas estatísticas, polo que é clave incorporar a súa experiencia no deseño da cidade.

5. Exercicio de reflexión

  1. Calcula a túa ruta ata o instituto en bicicleta ou a pé. Que tramos son seguros? Cales non?
  2. Imaxina a mesma ruta pola noite. Sentiríaste seguro ou segura?

6. Tipos de espazos públicos na Guía

  • Camiños e sendas peonís interiores
  • Paseos e sendas costeiras
  • Paseos e sendas fluviais
  • Prazas urbanas
  • Xardíns e parques
  • Carballeiras e campos da feira
  • Espazos en contornos patrimoniais
  • Orlas e fronte litorais urbanas
  • Bordos urbanos e zonas de transición
  • Espazos industriais ou portuarios con uso público
  • Elementos de mobilidade vertical (ascensores, escaleiras mecánicas)
  • Outros espazos singulares pequenos

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)