Saltar navegación

3.5. Mapa colaborativo

Mapa físico interactivo

Duración:
50'
Agrupamento:
En grupos

Imos trasladar a información das ecoauditorías feitas ó longo da secuencia didáctica a TRES grandes mapas interactivos que construiremos sobre mapas da vosa cidade que vos proporcionará a/o profe. 

Creación de equipos e selección da información

Traballo en equipo
Chat GPT. Traballo en equipo (CC BY-SA)

Dividirédesvos en tres grandes grupos:

  • Equipo Infraestruturas
  • Equipo Sociocomunitario
  • Equipo Medioambiente

En cada equipo, mentras a metade de vós crea un soporte apropiado para o mapa (pegalo sobre un cartón ou nun bastidor de madeira) a outra metade seleccionará, nos boards de cada ecoauditoría, os 10 puntos máis importantes de cada cor.

En coordinación coa materia de Lingua Galega, colorearedes as rúas en función de están nomeadas por un home ou unha muller: queremos visibilizar a falta de equilibrio de xénero en canto a recoñecemento de figuras públicas no urbanismo galego.

Fixación dos puntos no mapa e creación do circuíto

Metade do equipo localizará no mapa os puntos onde deben sinalizarse cada un dos 10 lugares antes escollidos e chantará neles cadanseu LED vermello, marelo e verde.

A outra metade cableará cada grupo de LEDs, por detrás do mapa, deixando os cables de inicio e final nun cadriño xunto ó mapa que será a "Lenda". Tede en conta que os LED deben ir en paralelo, pois en serie absorben demasiada intensidade para as fontes de alimentación que temos no taller. Recordade tamén que debemos inserir unha resistencia para evitar que se queimen os LED (por exemplo de 330Ω).

Aquí vos deixamos unha pequena animación realizada con TinkerCAD amosando como funciona o circuíto:

Ana Moreiras. 10 LEDs en paralelo cunha fonte de 6V (CC BY-SA)



Peche do circuíto

Crearedes a lenda, con regla e rotuladores, boa tipografía e ben lexible, e engadiredes tres pulsadores:

  • O que nos gusta.
  • O que debe mellorarse.
  • O que queremos que se corrixa.

Evidentemente, cada pulsador pecha respectivamente o circuíto de LEDs verdes, marelos e vermellos. Os tres circuítos están conectados en paralelo a unha mesma fonte de alimentación de 6V (pode ser un cargador vello) en serie coa resistencia de 330Ω.

Tres circuítos en paralelo para mapa físico ecoauditorías
Ana Moreiras. Tres circuítos en paralelo para mapa físico ecoauditorías. (CC BY-SA)

Rúbrica do mapa físico

Rúbrica mapa físico
 ExcelenteBoMellorableInsuficienteNon entregado
Comprensión do mapa impresoPodes atopar calquera punto no mapa. (2.5)Con axuda, atopas os puntos no mapa. (1.75)Non logras atopar os puntos no mapa á primeira, pero inténtalo. (1.50)Non es quen de atopar ningún punto no mapa. (1.25)Non entregado.
Información sobre os puntosColaboraches activamente na selección dos puntos de interese de cada cor. (2.5)Colaboraches na selección dos puntos de interese de cada cor. (1.75)Buscas no mapa os puntos que che din, e enténdelos. (1.50)Buscas no mapa os puntos que che din, sen preguntar. (1.25)Non entregado.
CableadoComprendes a diferencia entre paralelo e serie, e comprobas que todo está en paralelo. (2.5)Comprendes a diferencia entre paralelo e serie, pero non saberías facelo sen axuda. (1.75)Non comprendes ben a diferencia entre paralelo e serie, pero unha vez que che explican como facelo, entendes o circuíto. (1.50)Non chegas a entender, nin queres aprender, a diferencia entre o paralelo e o serie. (1.25)Non entregado.
Traballo en equipoEs activo/a no reparto de tarefas e cómpres coas túas, anticipándote ós problemas. (2.5)Axudas no reparto de tarefas e cómpres coas túas. (1.75)Cómpres a función que che indican no grupo e intentas entregar a túa parte. (1.50)Non cómpres ben coa túa parte. (1.25)Non entregado.

Ana Moreiras. Rúbrica mapa físico (CC BY-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Mapa online colaborativo

Duración:
50'
Agrupamento:
En grupos de 4-5

Unha vez creado o voso mapa físico, podemos facer unha versión virtual mediante un xestor de mapas como Google Maps. Cada un/unha de vós pode inserir un dos seus puntos vermellos, un verde e un marelo coa información que tiñades no Board. Para iso, debedes ir á "Capa" correspondente (infraestruturas/comunidade/medioambiente), premer en inserir marcador e crear a entrada. Na entrada/marcador debe haber un título, un pequeno texto, unha foto identificativa e un icono. Escollede o icono apropiado (Google Maps ofrece moitos) e a cor adecuada:

  • Iconos vermellos: RGB (165, 39, 20)
  • Iconos verdes: RGB (15, 157, 88)
Edición mapa interactivo
Ana Moreiras. Edición mapa interactivo (CC BY-SA)

Rúbrica mapa dixital colaborativo

Rúbrica mapa colaborativo
 ExcelenteBoMellorableInsuficienteNon entregado
Comprensión do mapa impresoLogras identificar todos os puntos sinalados. (2.5)Logras identificar case todos os puntos sinalados. (1.75)Non logras identificar todos os puntos sinalados. (1.50)Non logras identificar ningún punto. (1.25)Non entregado.
Os teus marcadoresIdentificaches COMO MÍNIMO un punto verde, un vermello e un marelo, razonando con argumentos ben expresados por que son puntos verdes, vermellos e marelos. (2.5)Identificaches COMO MÍNIMO un punto verde, un vermello e un marelo, razonando por que son puntos verdes, vermellos e marelos. (1.75)Identificaches COMO MÍNIMO un punto verde, un vermello OU un marelo. (1.50)Non identificaches ningún punto. (1.25)Non entregado.
Exposición argumentadaInclúes en cada marcador unha foto túa que acredite a túa opinión. (2.5)Inclúes en cada marcador unha foto que acredite a túa opinión. Polo menos dúas das fotos son túas. (1.75)Inclúes en algún marcador unha foto que acredite a túa opinión. (1.50)Non inclúes ningunha foto. (1.25)Non entregado.
Mapa dixitalInseriches os teus puntos no mapa dixital, na capa correspondente, co marcador na cor indicada nas instrucións, o texto argumentativo e a foto acreditativa. (2.5)Inseriches os teus puntos no mapa dixital, na capa correspondente, o texto argumentativo e a foto acreditativa. (1.75)Inseriches os teus puntos no mapa dixital co texto argumentativo e a foto acreditativa. (1.50)Non inseriches ben os puntos (falta información, foto, etc.) (1.25)Non entregado.

Ana Moreiras. Rúbrica mapa colaborativo (CC BY-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)