Características
A pel dos réptiles ten escamas, escudos ou placas.
A maioría teñen dentes e son terrestres.
A temperatura do seu corpo é variable. Adáptanse ao espazo natural no que habitan. En inverno poden aletargarse se o clima non lle é favorable. Dise que teñen sangue frío, pero non é moi exacto. En realidade obteñen o calor do exterior e poden alcanzar máís de 38 graos.
A súa respiración é pulmonar. Algúns réptiles acuáticos tamén repiran pola pel.
A reprodución é por fecundación interna. Son ovíparos, nacen de ovos, pero non os incuban, xa que a súa temperatura non chegaría para o desenvolvemento dos ovos. Hai algunha excepción, como a serpe pitón que si envolve os ovos co seu corpo para quentalos. Outros, coma os crocodilos, quédanse cerca da posta de ovos para defendelos dos depredadores. As tartarugas mariñas enterran os ovos nas praias e desenténdense deles e das crías.
Algúns réptiles, como a víbora, son ovovivíparos: Os ovos ábrense dentro do corpo da nai e nacen as crías vivas.
| Saurios | Lagartixas, iguanas, camaleón![]() |
Crocodilianos | Crocodilo, caimán, gavial![]() |
| Quelonios | Tartarugas, galápagos![]() |
Ofidios | Cóbregas ou serpes, anaconda![]() |
| Imaxes: Sergio Palau (Dominio público) |
|||



