Características
Os peixes teñen a pel con escamas ou dentículos. O seu esqueleto pode ser óseo ou cartilaxinoso.
Nos peixes as extremidades transformáronse en aletas.
A súa temperatura é variable segundo a das augas en que se atopen. O sangue é frío, é dicir, non é quen de quentar o corpo co sangue. O calor recíbeo do exterior.
Teñen respiración branquial, obtendo o osíxeno que se atopa disolto na auga. Os peixes óseos teñen opérculo protexendo as branquias, os cartilaxinos teñen unhas aberturas que dan entrada a auga ata as galadas (branquias)
A grande maioría son ovíparos. Reprodúcense por fecundación externa. A femia deposita os ovos nos fondos mariños que logo serán posteriormente fecundados polo macho. Algúns tiburón son ovovivíparos. E unha minoría vivíparos, coma a quenlla.
Son animáis acuáticos, de auga doce ou salgada.
A maioría dos peixes posúe vexiga natatoria, que consiste nunha bolsa que se enche ou baleira de auga segundo o peixe queira afundirse ou sair á superficie. Controla a flotabilidade dos peixes.
Os peixes cartilaxinosos coma o tiburón branco ou a quenlla común, o peixe serra, o peixe martelo (tiburón martelo), as raias, ... non teñen vexiga natatoria. Controlan a flotabilidade muscularmente.
| Esqueleto óseo | Troita, perca, salmón, cabaliño de mar, sardiña, bacallau, pescada, dourada, robaliza, anguía | ![]() |
| Esqueleto cartilaxinoso | Tiburóns ou quenllas, raia, peixe serra | ![]() |
| Sen mandíbula | Lamprea |
|
| Imaxes :Sergio Palau (Dominio público) | ||




