Saltar navegación

Os mamíferos

Características xerais

By rkimpeljr (CC BY-SA)

O corpo dos mamíferos divídese en cabeza, tronco e extremidades. A súa pel está maioritariamente cuberta de pelo, salvo nos mamíferos acuáticos.

As extremidades son xeralmente patas, que lles permiten desprazarse.
Os mamíferos acuáticos coma os delfíns (golfiños) ou as baleas teñen as súas extremidades transformadas en aletas e os mamíferos voadores como os morcegos posúen membranas nas súas extremidades anteriores que lles sirven de ás.

As femias teñen mamas para alimentar ás súas crías. A boca con labios e dentes.

A temperatura do corpo mantense constante grazas ao seu sangue quente

Respiran por pulmóns.

Teñen reprodución sexual interna e vivípara (nacen vivos do corpo da nai). Os sexos están claramente diferenciados.

Hai numerosas subclases de mamíferos, nós citaremos só seis:

CARNÍVOROS Gato, lince, león, lobo, can ACUÁTICOS Balea, foca, arroaz, golfiño
HERBÍVOROS (ruminantes)

Vaca, xirafa, ovella, cabalo

PRIMATES Mono, gorila, macaco, humanos
VOADORES

Morcego

OMNÍVOROS:

Porco, xabarín, oso pardo

Tamén son mamíferos:

Armadillo, koala, canguro, Oso panda, rato,...

Imaxes:Sergio Palau-http://www.arasaac.org