Características
Os anfibios son vertebrados coa pel núa e húmida.
A maioría deles teñen extremidades, catro patas. No continente americano hai uns anfibios sen patas chamados "cecilias" que semellan lombrigas, pero poden chegar a medir máis de 40 centímetros.
Temperatura variable, adaptándose ao espazo natural que habitan. Do sangue tampouco pode dicirse que sexa fría, pero non ten unha temperatura constante e quece ao calor do sol.
Son ovíparos. A fecundación soe ser externa.A femia pon os ovos na auga e o macho fecúndaos. Os ovos non teñen cascarón como no caso das aves ou dos réptiles. Son transparentes e xelatinosos.
Sofren metamorfose. Dende o seu nacemento ata adultos pasan por distintas fases.
As crías nacen na auga (cágados) e respiran por branquias, mentras que de adultos viven na terra e na auga e respiran pola pel e por pulmóns.
Das píntegas, numerosas en Galicia, dise, sen razón, que rezuman veleno.
Máis escasos son os tritóns.
| Anuros | Sapo, ra | Sergio Palau (Dominio público) |
| Urodelos | Salamántiga ou píntega, tritón | Sergio Palau (Dominio público) |
| Ápodos |
Cecilias |
|

