Características xerais
Os vertebrados son un grupo de animais con esqueleto interno articulado, que actúa como soporte e protección do corpo e permite o seu movemento.
Características:
1-Teñen columna vertebral, formada por unha serie de pezas articuladas ou vértebras, que permiten algúns movementos e dalles certa flexibilidade
2-O corpo está dividido en cabeza, tronco e extremidades.
3-Hai individuos machos e individuos femias, é dicir, sexo diferenciado.
4-Con reprodución vivípara ou ovípara
4-Normalmente son máis grandes que os animais invertebrados.
5-A temperatura corporal pode ser constante (mamíferos e aves) ou variable, dependendo do medio onde se atopen (peixes, anfibios e réptiles).
Os vertebrados clasifícanse en cinco grupos:
| SANGUE QUENTE: TEMPERATURA CONSTANTE | SANGUE FRÍA: TEMPERATURA VARIABLE | ||||
| MAMÍFEROS | ![]() |
![]() |
RÉPTILES |
||
| AVES | ![]() |
![]() |
ANFIBIOS | ||
|
PEIXES
|
![]() |
||||
|
|
Imaxes: Sergio Palau - http://www.arasaac.org/ | ||||
Imprime e pega a ficha resumo dos vertebrados na túa libreta




