Saltar navegación

Antes de comezar con eXe

Que aspecto teñen os materiais creados con eXeLearning

Os materiais creados con eXeLearning habitualmente compóñense dunha ou máis páxinas (ou tamén chamadas nodos) polas que se pode navegar a través dun menú.  Na parte central vemos todos os contidos e actividades da páxina do menú na que nos situamos. 

Aínda que a estética poida cambiar dependendo do estilo elixido, esta estrutura de contido con menú navegable é a máis común, como se pode ver na imaxe:

Estrutura
cREAgal. Captura de pantalla do REA "Camiñamos, aprendemos e non nos perdemos" do Proxecto cREAgal (CC BY-NC-SA)

O contido de cada páxina estrutúrase en bloques ou "iDevices" que se van incorporando e ordenando segundo as necesidades das e dos docentes. Hai diferentes bloques de contidos ou iDevices a incorporar en función do obxectivo, como veremos máis adiante. 

Cada páxina do noso recurso creado con eXe estará formada por un ou varios iDevices. Nesta imaxe podemos velo dunha forma sinxela (os iDevices aparecen despregados por defecto, nesta imaxe colapsáronse para que se aprecie mellor o efecto):

idevices colapsados
Exemplo de recurso con iDevices encartados

Cuestións a ter claras antes de comezar con eXeLearning

Existen algunhas cuestións que poden dar lugar a confusión e creemos por tanto que é necesario que estean claras desde un principio.

Crear unha secuencia didáctica con eXe

Antes de afondar na instalación e uso da ferramenta, animámosvos a ver este vídeo no que se explica como crear unha secuencia didáctica con eXeLearning, utilizando todas as funcionalidades que veremos ao longo das seguintes seccións da guía.

CEDEC. Crear unha secuencia didáctica con eXeLearning (CC BY-SA)

Instalamos eXe

Por último, imos instalar a ferramenta para poder comezar a utilizala. A instalación de eXeLearning é moi doada. Só debemos acceder á web de exelearning.net, no apartado de Descargas, e picar sobre o noso sistema operativo. A última versión até o momento é a 2.9.

Páxina web de descarga de eXe

manual 

Feito con eXeLearning (Nova xanela)