Temos o pracer de comunicar que o noso centro foi seleccionado para participar no programa Lectura e Familias da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para o curso 2025/2026.
Este programa ten como obxectivo principal impulsar o hábito lector no alumnado, promovendo a implicación das familias no desenvolvemento das competencias lectoras e do gusto pola lectura. A través desta iniciativa, levaranse a cabo diversas actividades e propostas que fomentarán a colaboración entre o centro educativo e as familias.
A resolución definitiva pode consultarse na seguinte ligazón:
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/03_resolucion_definitiva_lectura_e_familias_2526_asinada.pdf
