• Inicio
  • O centro
    • O noso CRA
    • Datos de contacto
    • Localización
    • Organigrama
    • Documentos
    • Calendario Escolar
    • Novas
  • Escolas
    • Escola de Campaña (sede)
    • Escola de Chenlo
    • Escola de Ferreirós
    • Escola de Forno
    • Escola de Vilarello
    • Escola de Xanza
  • Secretaría
    • Admisión
    • Formularios
    • Información
  • Actividades
    • Actividades complementarias e extraescolares
    • Erasmus+
    • Innova-lab
    • Observa-acción
    • Plan Proxecta+
    • Plan de Formación Permanente do Profesorado
    • Proxectos de Inclusión Educativa
    • Voz Natura
  • Biblioteca
    • Actividades
    • Radio Pepa
    • Información
  • Calendario
  • Galerías
    • Escola de Chenlo
    • Escola de Campaña
    • Escola de Ferreirós
    • Escola de Forno
    • Escola de Vilarello
    • Escola de Xanza
  • Familias
    • ANPA
    • Actividades
  • Espazo do profesorado
    • Documentación
    • Enlaces
      • Incidencias TIC

User account menu

  • Iniciar sesión
Inicio
  • Inicio
  • O centro
    • O noso CRA
    • Datos de contacto
    • Localización
    • Organigrama
    • Documentos
    • Calendario Escolar
    • Novas
  • Escolas
    • Escola de Campaña (sede)
    • Escola de Chenlo
    • Escola de Ferreirós
    • Escola de Forno
    • Escola de Vilarello
    • Escola de Xanza
  • Secretaría
    • Admisión
    • Formularios
    • Información
  • Actividades
    • Actividades complementarias e extraescolares
    • Erasmus+
    • Innova-lab
    • Observa-acción
    • Plan Proxecta+
    • Plan de Formación Permanente do Profesorado
    • Proxectos de Inclusión Educativa
    • Voz Natura
  • Biblioteca
    • Actividades
    • Radio Pepa
    • Información
  • Calendario
  • Galerías
    • Escola de Chenlo
    • Escola de Campaña
    • Escola de Ferreirós
    • Escola de Forno
    • Escola de Vilarello
    • Escola de Xanza
  • Familias
    • ANPA
    • Actividades
  • Espazo do profesorado
    • Documentación
    • Enlaces
      • Incidencias TIC

Miga de pan

  • Inicio
  • A BiblioCRA inaugúrase a ritmo de música tradicional

A BiblioCRA inaugúrase a ritmo de música tradicional

Durante o mes de outubro tivo lugar a inauguración da biblioteca escolar cunha actividade moi especial: un concerto didáctico acompañado dunha presentación de instrumentos tradicionais. Esta proposta serviu para dar comezo á programación da biblioteca dentro do proxecto documental integrado (PDI) do centro, que este curso leva por título De feira en feira.

A actividade permitiu ao alumnado achegarse á música tradicional galega dun xeito participativo e dinámico. Ao longo do concerto, o músico foi presentando diferentes instrumentos tradicionais, explicando as súas características, o seu funcionamento e o papel que teñen dentro da nosa cultura musical. O alumnado puido coñecer de preto sons e instrumentos que forman parte do noso patrimonio cultural.

Iniciamos un curso cheo de propostas que nos permitirán seguir explorando o mundo das feiras desde diferentes ámbitos: a cultura, os oficios, a gastronomía ou a historia. A inauguración da biblioteca marcou o punto de partida dun proxecto que pretende achegar ao alumnado ás raíces da nosa cultura dun xeito creativo e significativo.

Slide 1 of 1
Actividades
Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet polo centro educativo

Mapa do sitio - Contacto co centro - Accesibilidade - Aviso Legal

CRA de Valga