Dentro das actividades do Proxecto Terra, o alumnado realizou unha visita ao MARCO (Museo de Arte Contemporánea de Vigo) para coñecer a exposición Argalla, unha proposta que nos convidou a mirar a arte desde a experimentación, o xogo e a creatividade.
Durante a visita, as nenas e os nenos percorreron os distintos espazos da exposición, descubrindo instalacións, materiais e creacións que espertaron a súa curiosidade. A experiencia completouse cun obradoiro da man de Miudiño Coperativa Galega, no que o alumnado puido manipular diferentes materiais, investigar as súas posibilidades e crear libremente a partir das súas propias ideas.
Foi unha xornada de descubrimentos, emocións e aprendizaxes compartidas, na que o alumnado puido vivir a arte de maneira activa e participativa, converténdose en protagonista da súa propia experiencia.
Proxecto Terra
