Aquí vos deixamos os venres entretidos do primeiro e segundo trimestre.
Este venres celebramos o primeiro #VenresEntretidos do curso! Thiago e Martín contáronnos cousiñas sobre a caixa de indicios… foi moi divertido! 🎉E para rematar, fixéronnos un agasallo moi especial: unha pluma máxica
Nesta ocasión, Andrea e Carla prepararon un obradoiro moi especial no que os nenos e nenas deron renda solta a súa creatividade facendo a súa propia árbore de Nadal 🎄
Minerais, curiosidades e unha colección espectacular 🪨💎 nesta nova sesión de #venresentretidos.
Grazas a Thiago, Andrea e Carla por facernos viaxar ao interior da Terra 🌍
A colección de Thiago, deixounos abraiados 😍 Así dá gusto aprender!
