Dous alumnos do CPI de Zas, participaron nunha inmersión lingüística dun mes grazas ao programa Erasmus+.Dende o 13 de setembro ata o 12 de outubro, viviron unha enriquecedora experiencia internacional grazas ao programa Erasmus+, Consorcio de mobilidade Galegomundo Acreditación Erasmus+, que lles permitiu participar nunha estadía de inmersión lingüística na rexión Academique Hauts-De-France, en Amiens, en Francia e cofinanciado pola Unión Europea.
Hoxe, deron unha charla, aproveitando a celebración do Erasmus+Days, aos seus compañeiros sobre esa experiencia única a nivel académico como persoal. Acollidos por familias locais, asistiron a clases nun centro educativo asociado ao proxecto. Ahí, tiveron a oportunidade de mellorar as súas competencias lingüísticas, coñecer a cultura e a súas costumes, desenvolver habilidades sociais, interculturais e de autonomía persoal. Regresan cunha mochila cargada de aprendizaxes que, sen dúbida, marcarán o seu futuro académico e persoal. A súa participación é tamén un exemplo inspirador para outros compañeiros e compañeiras que desexen aproveitar oportunidades de mobilidade no estranxeiro dentro desta inicitiva de mobilidade Erasmus+.
Preme aquí para ver a nova do xornal!

