O pasado 22 de xaneiro, o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria realizou unha saída educativa. Visitamos A Coruña, unha experiencia chea de diversión, aprendizaxe e convivencia.
A mañá comezou no Museo Domus, onde o alumnado explorou de forma interactiva os segredos do corpo humano a través de exposicións sorprendentes e moi participativas. Tras a visita, repuxemos forzas merendando cunhas magníficas vistas ao mar, un momento perfecto para descansar e compartir impresións.
Pola tarde dirixímonos ao Aquarium Finisterrae, onde realizamos unha interesante visita guiada que espertou a curiosidade e o entusiasmo de todos e todas. O alumnado puido coñecer de preto diferentes especies mariñas e aprender sobre a importancia de coidar e respectar os océanos. Alí mesmo gozamos dunha comida xuntos antes de emprender a viaxe de regreso.
Foi un día cheo de experiencias, no que o alumnado aprendeu, conviviu e gozou dunha contorna diferente, reforzando valores como a curiosidade, o respecto pola natureza e o compañeirismo.
![]() | ![]() | ![]() | ![]() |
![]() | ![]() | ![]() | ![]() |
![]() | ![]() | ![]() | ![]() |











