O proxecto CrianZas, integrado no Plan Proxecta da Xunta de Galicia, nace co obxectivo de divulgar e poñer en valor o sector gandeiro de Zas. A través do Programa Mestres Gandeiros, o noso alumnado converteuse en voz e ollada dunha actividade fundamental para a nosa contorna, amosando a calidade e o esforzo que definen a produción láctea na nosa terra. Con esta serie de vídeos, buscamos achegar a realidade do rural aos veciños e ao resto da sociedade, promovendo o orgullo polo noso patrimonio e o recoñecemento ao traballo diario dos nosos produtores.
A continuación recóllense os vídeos elaborados polo noso alumando de 1º e 2º da ESO:
A GRANXA DE PAULA
A GRANXA DE MANUEL
A GRANXA DE JULIA
A GRANXA DE ALEJANDRO
ENTREVISTA A ALFREDO (GANADERÍAS MARTÍNEZ)
AGRADECEMENTOS:
Este traballo non sería posible sen a colaboración do alumnado de 1º e 2º da ESO, así como das súas familias.
AUTORES/AS DOS VÍDEOS:
- Paula González Pensado (A granxa de Paula).
- Manuel Antelo Rial e Martín Fidalgo Castiñeira (A granxa de Manuel).
- Julia Lavandeira Baneira, Noa Rellán Corzón e Alicia Pose Vieito. (A granxa de Julia).
- Alejandro Vilar Martínez e Rubén Cancela Abelenda (A granxa de Alejandro).
Moitas grazas a tod@s!
