No marco do programa Mestres Gandeiros do Plan Proxecta, o CPI de Zas desenvolve o Proxecto “CrianZas”, unha iniciativa deseñada para poñer en valor a gandería como motor económico e xestor da nosa paisaxe.
Dentro das accións deste proxecto, presentamos o Concurso de Fotografía, no que participa o alumnado da ESO para compartir a súa visión sobre a vida nas explotacións, as paisaxes de Zas e a identidade rural do noso concello. Con esta exposición, o centro difunde a realidade do sector primario e recoñece o labor dos profesionais que traballan a nosa terra.
Para ver a galería de fotografías presentadas ao concurso prema aquí.
