O alumnado de 1º e 2º de Primaria desfrutou dunha fantástica escapada á Coruña para seguir aprendendo e descubrindo o mundo que os rodea.
A nosa primeira parada foi no Acuario, onde tivemos a oportunidade de observar unha gran variedade de animais mariños. Entre os que máis chamaron a nosa atención estiveron o tiburón Gastón, os agapornis e as focas, aínda que tamén puidemos coñecer moitas outras especies fascinantes. Foi unha experiencia moi especial!
Despois dirixímonos á Casa das Ciencias. Alí vivimos unha emocionante viaxe polo espazo grazas á sesión do planetario, onde aprendemos un montón de curiosidades sobre os planetas e as estrelas. A continuación, percorremos as diferentes plantas do museo, descubrindo experimentos, xogos e propostas científicas moi divertidas.
Para rematar esta estupenda xornada, achegámonos ao Parque de Santa Margarida.Alí recuperamos forzas compartindo o xantar e gozamos dun tempo de xogo e diversión cos nosos compañeiros e compañeiras.
Foi un día cheo de aprendizaxes, descubrimentos e bos momentos que, sen dúbida, lembraremos durante moito tempo.
Acuario
Casa das Ciencias
Xantar
Canto gozamos! Quen quere repetir?
