Section outline
-
Recopilamos nesta entrada da primeira semana da nosa Aula Virtual, todo o material subido na páxina principal do blog do cole. Aínda que sodes moitos os que xa accedíchedes a el, quedará así todo rexistrado e organizado para que os que se incorporen a partir de agora teñan acceso.
Gracias!
-
Como sabedes, a profe Miriam, especialista en Audición e Linguaxe, estaba a realizar nas aulas de infantil unha Estimulación á Linguaxe de media hora á semana que as nenas e nenos lles encantada.
Para que poidan seguir en contacto con actividades relacionadas con esta especialidade e que ademais resultan moi lúdicas para eles, a continuación deixámovos o enlace e o documento para que poidades acceder as recomendacións que Miriam propón para estes días.
Pronto chegarán os paquetiños que fixemos para vos!
MOITO ÁNIMO!