Estamos a vivir unha situación moi complicada tod@s que nos obriga a cambiar a forma de relacionarnos e traballar para adaptarnos ás circunstancias.
Sabemos que a Educación Infantil é voluntaria, e, como xa dixemos, podemos deixar máis a un lado o contido curricular estes días de aillamento e primar as actividades lúdicas e de autonomía.
Pero tanto Silvia coma Henar, temos que traballar dende a casa, aínda que con máis flexibilidade, é a nosa obriga e por eso estamos a mirar e bucar cousiñas para que teñades recursos e material a vosa disposición.
De Luns a Venres intentamos poñer sempre algo de tódalas áreas que o curriculo de infantil contempla: coñecemento de sí mesmo, do entorno e linguaxes...pero que o fagamos
NON QUERE DICIR QUE SEXA OBRIGATORIO FACER TODAS ESAS ACTIVIDADES, FICHAS, XOGOS, ETC!
Cada un elixe o que quere facer, como e cando, e sí quere, xa que á volta, tampouco imos pasar lista de quen levou a cabo algún traballiño nin quen non, o importante é volver todos xuntos vendo o positivo de este encerro: estar máis tempo xuntos, disfrutar en familia, facer outras actividades...
NON É PARA QUE VOS AGOBIEDES! Simplemente, temos que traballar pero para nada a nosa intención é que nos fagades caso de todo
:)
MOITAS GRACIAS POLA COMPRENSIÓN!
PODEREMOS!