Foro de novas

Xaneiro 2021!

Xaneiro 2021!

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0

Bos días familias! 

Antes de nada espero que tódolas nenas e nenos  esteñan ben e non presenten síntomas, moito ánimo!

Dadas as circunstancias excepcionais que estamos a vivir e que nos esperan os próximos días, abro este fío no foro da AULA VIRTUAL para informarvos de que irei colgando algún enlace por aquí para que as nenas e nenos poidan xogar na casa e ter outro material complementario para entreterse, ademáis dos libros que vades vir buscar. 

Tamén para comunicar que ó estar en Educación Infantil e ser unha aula con educandos de tres anos, son consciente de que dependen dos adultos por iso non se seguirá un fío continuo de traballo por aquí nin se precisa mandar rexistro das actividades realizadas, senón que se mandarán os libros de volta cando volvan á aula e recuperaremos o ritmo habitual, xa que non tódalas familias dispoñen de tempo para levar un rexistro de actividades-corrección das mesmas nin para facer reunións por Weebex diariamente. 

Seguimos en contacto por correo e anímovos a pasar por aquí de vez en cando para participar e ver as novidades!

Un saúdo, Henar.