Derradeira semana de Maio!
Aínda parece que foi onte cando escribiamos Maio ventoso, Maio fermoso para dar a benvida a este mes no que xa ule a Primavera e...case sen darnos conta...xa toca despedilo! Faltan soamente catro semaniñas para que este curso tan raro remate...da pena que fose así pero é unha aprendizaxe para todos e, en canto poidamos...despedirémonos ou darémonos a benvida de novo como as nosas castoras e castores merecen! Porque si algo houbo positivo é que SODES UNHAS CAMPIONAS E CAMPIÓNS que estivéchedes traballando moitisimo! As profes estamos moi orgullosas de vos!
E agora...como aínda queda un pouquiño...o enlace do traballo para hoxe e mañá! E ademáis de regalo un conto moi divertido sobre este bicho que nos acompaña e que xa todos consideramos familiar: o COVID-19!
Unha aperta!
https://drive.google.com/open?id=1Eytyl0PnXv1weP50LZ2iAy0yhTQo8Um3