SEMANA 2: 23 de Marzo
Queridas familias!
Como xa sabedes esto prolóngase e ata despois de Semana Santa non nos volveremos a ver.
Dentro do complicado da situación e o difícil que esta sendo, temos que sentirnos afortunados porque a nosa etapa é a que menos se resinte se falamos de currículo, xa que prima máis seguir desenvolvéndose como seres independentes e autónomos e non temos as complicacións de seguir directrices tan ríxidas como na Primaria ou na Eso.
Nesta semana que levamos recluídos,polas redes sociais vemos que estades cumprindo con elo á perfección, apoiando que as pequenas e pequenos traballen por si mesmos con creatividade e iniciativa, MOITAS GRAZAS!
Se todo esto non estivera a acontecer, estariamos aínda dando materia, polo que esta semana seguiremos compartindo con vos cousiñas para completar os contidos que vimos ou estábamos a ver nas aulas pero para á semana, xa vos adiantamos que haberá cambios nos mesmos e serán máis lúdicos, ó fin e o cabo...a semana previa ás vacacións preparámonos para elas e deixamos un pouco de lado as fichas e libros...polo tanto...haberá que seguir coma no cole, non?
Hoxe toca subir un documento sobre as vogais, especialmente indicado para os de tres anos.
Podedes acceder a el ben dende aqui ou a traves do seguinte enlace.
https://drive.google.com/open?id=166glBbhe0QBv3qYz4fHg7FwDMfCCa2VB