

O día 18 de maio, o alumnado da ESO asistiu, no Multiúsos de Rois, á representación da obra de teatro Nas nubes, a cargo da compañía Redrum teatro.
Esta actividade foi organizada polo propio concello de Rois, dentro da programación de "Alingüamos cos centros educativos de Rois".
Con este espectáculo, cheo de humor e achegamento ao público xuvenil, o alumnado tivo a oportunidade de reflexionar sobre como nos poden afectar as novas tecnoloxías e como podería ser o mundo do futuro.
Por outra parte, tamén o 20 de maio, o alumnado de 3º a 6º de educación Primaria asistiu á representación de A maxia dos libros, da compañía O mago errante.
Así mesmo, e para que ningún alumno ou alumna quedase sen a súa representación teatral, o venres, 22 de maio, os pícaros de Infantil e de 1º e 2º de Primaria puideron ver a obra O monstro de cores, da compañía A xanela do maxín.
|
O monstro de cores |
O monstro de cores |
|
A maxia dos libros |
A maxia dos libros |
![]() Nas nubes |
![]() Nas nubes |
![]() Nas nubes |
![]() Nas nubes |
Xa está aberto o procedemento para a participación no Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar Curso 2026/2027.
Infórmase de que está publicada no taboleiro de anuncios do centro a listaxe definitiva de alumnado admitido e excluído curso 2026-27.
O día 29 de febreiro celebramos no CPI dos Dices un acto de homenaxe á escritora Rosalía de Castro. Para isto, contamos coa presenza do alcalde de Rois, D. Ramón Tojo, e mais co presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira.
No acto, ademais de pronunciaren unhas palabras de homenaxe estes dous persoeiros, tamén houbo un recitado de poemas por parte do alumnado de 1º da ESO.
Para finalizar o acto, plantouse unha figueira traída expresamente do xardín da Casa-Museo Rosalía de Castro e cantouse o himno galego, interpretado polo coro do CPI dos Dices, e por todo o alumnado e profesorado.
Foi unha xornada moi emotiva para as nosas letras!
O alumnado de 4º da ESO, xunto co Equipo de Dinamización Lingüística, presenta o TELEXORNAL BEGOÑA CAAMAÑO, unha iniciativa que serve para homenaxear a figura das Letras Galegas do ano 2026.