Introducindo a autoavaliación

Introducindo a autoavaliación

por GABRIELA HERNÁNDEZ FERNÁNDEZ -
Número de respostas: 2

Para introducir a autoavaliación paréceme moi visual e efectiva a idea de utilizar as cores (amarelo, azul à verde). Farío por exemplo para o uso dos verbos modais (vouloir, pouvoir, devoir). Antes xa lles pedía que subliñasen onde usaban eses verbos pero non se eles pensaban que o uso era correcto nin que o fixesen nunha cor concreta. Facío máis para obrigalos a usalos. Ademais, eu antes limitábame a rodear os erros e darlles algunha pista (gramática, ortografía) para que eles o corrixisen e volvesen entregar. Vou cambiar porque esta idea é máis eficaz para ser conscientes do que si saben facer e o que non e, ademáis, ten unha visión máis positiva, non tan centrada nos erros. Outra cousa que cambiarei é traballar con exemplos de textos de todo tipo, ata agora só o facía cun modelo de alta calidade. Facía unha actividade de erros frecuentes pero non traballa un texto enteiro así.

Creo que pode ser ben recibido polo alumnado. Para empezar, non sería un cambio demasiado drástico para eles, habería que insistirles moito no que se pide pero non creo que fose moi problemático. Ademais, seguramente que lles anime máis ver tamén o que fan ben, e non só os erros.

Un desafío sería elixir ben os textos modelo, e estar moi segura de que son anónimos e non identificables polo alumnado porque son moi dados á burla. Tamén pode ser que ao ser moi visibles as cores tamén se fixen no traballo de outros e convertan a maioría dunha cor ou doutra nunha nota. Outra dificultade pode ser ás reaccións negativas á falta de notas numéricas non só por parte do alumnado senón tamén dan familias. Non é a primeira vez que me piden titorías para esixirme notas.

En resposta a GABRIELA HERNÁNDEZ FERNÁNDEZ

Re: Introducindo a autoavaliación

por RAQUEL PÉREZ PELETEIRO -
Creo que a incorporación de textos modelos é moi importante. Comecei a facelo a raíz da formación e sorprendeume o rápido que encontraron os erros, aínda que logo non foron quen de evitalos. Teremos que seguir traballando nelo.
O que comentas das notas numéricas e das reaccións das familias é algo que nos pode ocorrer a todos. Eu sempre lles entrego unha nota global da unidade no que van incluídos os proxectos, as exposicións orais, o exame que lles fago,.. Non lle dou a nota individual de todo o baremado xa que vexo que o único que lles interesa é a nota final da unidade e moitas veces non comprenden nin as porcentaxes nin as múltiples notas que se teñen en conta.
En resposta a GABRIELA HERNÁNDEZ FERNÁNDEZ

Re: Introducindo a autoavaliación

por Carla Sue Dechant Munsch -
O traballo con textos modelo e a (co)creación de criterios de calidad non só e boa idea senón OBRIGATORIO para que calquera actividade de auto-, co-, o hetero-avaliación impacte postivamente na aprendizaxe. De non usalos pode ter un efecto incluso negativo. Outro cousa a ter en conta e que me preocupa un pelín: As dúas estades a falar de atopar erros, erros frecuentes, etc: o objetivo de traballar con textos modelo de calidade distinta, non é en ningún caso atopar errors nin sinalalos, senón de comprender e identificar os criterios de calidade, poder recoñecer un texto de alta calidade, e poder comparar textos para comprender grados de progreso hacia el objetivo de aprendizaxe (especialmente se estamos usando rúbricas).  Atopar erros vai en contro deste espiritú da avaliación formativa.
 
Para elixir un texto modelo, non fai falta que sexa producido polo alumnado. Como vimos na sesión pode ser creado polo profesor. Se non tes textos que sexan totalmente anónimos e non identificables (aunque sexan nunca poden ser do mesmo grupo que vai evalualos), é mellor producilo ti. Co IA é moi doada. 

A técnica de blue/yellow que os ofrecí é moi eficaz:  Agora ben, hai que empregalo ben.  Quen empeza a marcar:  o alumo avaliada ou a persoa avaliadora?