Ir ao contido principal
CFR Vigo
  • Inicio
  • Anuncios
  • Formacións
    Buscar cursos Plan Anual de Formación Actividades de Formación de Centro Actividades de Formación Individual
  • Préstamos
  • Calidade
  • Internacionalización
  • Máis
Acceder
CFR Vigo
Inicio Anuncios Formacións Contraer Expandir
Buscar cursos Plan Anual de Formación Actividades de Formación de Centro Actividades de Formación Individual
Préstamos Calidade Internacionalización

    Plan Anual de Formación

    Requisitos do completado

    O pasado 29 de agosto de 2025 presentouse o Plan anual de formación do profesorado 2025/26. O Plan Anual  que pon en marcha a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional ten como obxectivo último a mellora da práctica docente de todos os niveis non universitarios e, polo tanto, inclúe unha oferta formativa adaptada ás necesidades do profesorado galego, permitíndolle coñecer e incorporar novas formas de ensinar e garantindo a mellora das competencias profesionais docentes. Para o desenvolvemento das sete competencias do modelo, a oferta formativa está organizada en cinco liñas prioritarias que traballan dúas ou tres competencias de xeito troncal. Con todo, as demais competencias profesionais docentes tamén se abordan de xeito complementario. A modo de exemplo, en todas as actividades que se levan a cabo na Rede, independentemente da súa temática, desenvólvese como mínimo un indicador da competencia dixital docente pola súa propia natureza, ao ter lugar  nun espazo virtual como é a Plataforma de Teleformación Galega (Platega). Así mesmo, todas as actividades de formación do profesorado tratan de xeito transversal a competencia en desenvolvemento profesional, xa que teñen como fin último o progreso e a mellora dos/das docentes.

    Máis información premendo nesta ligazón

    ◄ Os meus cursos
    Formación de centro ►
    Vostede non se identificou. (Acceder)
    Resumo da retención de datos
    Políticas
    Obter a apli móbil
    Xunta de Galicia
    Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
    Portal educativo   Contacto   Aviso legal   Protección de datos   Atención á cidadanía   Accesibilidade 
    Fornecido por Moodle