Cambiando hábitos actuales.
Non estou empregando a avaliación formativa como tal, pero sí algunhas estratexias de autopercepción e avaliación en equipo.
Nas miñas aulas de inglés e con algúns titores, no meu cole traballamos ca Aprendizaxe Cooperativa (en formación constante co CFR), polo que algo que me funciona moi ben é facer unha estructura tipo Lápis ao Medio ou Folio Xiratorio ao final dunha unidade e previa a algunha proba de inglésn que o alumnado vaia facer. Con estas estructuras xa existe a autoavaliación e coavaliación (ainda que non seguindo a teoría que estamos aprendendo neste curso, claro). É moi enriquecedor como debaten sobre as respostas e como se autocorrixen tendo en conta as opinions e correccións entre iguais.
Pero....
-
¿Hay algo que podrías ajustar o fortalecer para que esas actividades sean todavía más efectivas?
Si, claro. Creo que teño que explicar ao alumnado os conceptos básicos da avaliación formativa e introducir estratexias só entre pares para a coavaliación e tamén a autoavaliación. É importante que sexan autoconscientes do aprendido e recoñezo que a autoavaliación física é algo que nunca fago. Así mesmo, creo que formalos ca estratexia de Azul-Amarelo->Verde e 2 Estrelas e 1 Desexo lles vai resultar moi beneficioso.