Bo día;
na aula virtual pon que non hai insignias dispoñibles e que hai que configurar a mochila:
Debemos avisar ao responsable do centro ou podemos facelo nós?
Grazas.
Bo día;
na aula virtual pon que non hai insignias dispoñibles e que hai que configurar a mochila:
Debemos avisar ao responsable do centro ou podemos facelo nós?
Grazas.
Ola Susana,
En primeiro lugar moitas grazas pola túa participación activa no curso.
Nalgunhas aulas virtuais as insignias no están activadas e é un requisito para o súa xestión e uso. Estas a traballar dende edixgal?
Activalas é un proceso sinxelo pero debe facelo o administrador da aula virtual do teu centro seguindo a ruta:
Administración del sitio>características avanzadas>activar insignias (marcar o check).
Se che sigue a dar problemas avísame.
Unha aperta.
Bo día!
Estamos usando a nosa aula virtual. Adxunto un recorte do que nos aparece na configuración da mochila.
Intentarei contactar tamén co responsable do noso centro.
Un saúdo e grazas!
Ola Susana,
Na miña configuración da aula virtual non me sae exactamente coma a ti. Vou contactar co webmaster a ver si podemos activar a xestión de insignias dende alí.
Ampliamos o prazo de entrega.
Unha aperta e grazas polo recorte da túa aula, é de gran axuda.