CREAR UN GLOSARIO DE FORMA COOPERATIVA
Técnica de aprendizaxe cooperativo: Puzzle
Existen diversas técnicas de aprendizaxe cooperativo. Neste caso propoñemos o Puzzle ou Crebacabezas de Aronson (1978), por ser a empregada no desenvolvemento da nosa experiencia na creación da actividade “glosario” na aula virtual, e porque creemos que é unha ferramenta simple e válida para varias etapas educativas.
A idea central da proposta consiste en subdividir a clase en equipos de traballo denominados grupos de orixe. Cada un dos compoñentes do equipo elixe e faise responsable dunha parte diferente da tarefa a realizar (no noso caso as tarefas a realizar serían a definición dos termos para o glosario ou os temas de investigación no caso da wiki ou journal). Despois cada membro do grupo sae do grupo inicial e se xunta con compañeiros que tiñan a mesma tarefa a realizar, constitúese un novo equipo integrado, denominado grupo de investigación ou grupo de expertos, composto por cada unha das persoas dos grupos orixinais que elixiron ese mesmo subtema. Alí tratan de resolver a tarefa que o profesor deseñou coma por exemplo definir os conceptos para o glosario, ou buscar información e recursos que lles axuden a expoñer o que aprenderon os seus compañeiros.
Unha vez elaborado esta tarefa ou subtema, os membros do grupo de investigación ou de expertos volven o seu grupo de orixe para expoñelo e recibir a información do resto de compañeiros, de maneira que a totalidade do traballo está condicionado pola mutua cooperación e responsabilidade entre os membros do grupo.
Para finalizar plasmarían o aprendido na aula virtual utilizando as ferramentas xa mencionadas e creando así unha fonte de recursos de aprendizaxe de forma cooperativa. Ademais a ferramenta de glosario a relacionaremos con recursos da aula virtual en forma de xogos que veremos mais adiante.

Para saber mais:
Se queres profundizar no tema e visitar un blog privado onde se fala desta e outras técnicas fai click aqui.
Se prefires o formato video aquí tes unha canle de youtube onde se fala desta e outras técnicas de aprendizaxe cooperativo.