Como sabemos, traballar de forma cooperativa é moito mais que traballar en grupo. Esta forma de traballo ten que ser ensinada e require de que todo o mundo sepa o que ten que facer é dun tempo de práctica. Nos inicios será de gran axuda guiar os rapaces e rapazas cun check list onde poidan ver que roles e que accións deben desenvolver para completa-lo traballo. 

Esta ferramenta da aula virtual permite ó profesor crear unha lista de tarefas para guiar o traballo do alumnado nunha actividade complexa, é dicir axuda a organizar o traballo que teñen que facer os rapaces e rapazas dende a aula virtual.

 

Última modificación: mércores, 14 de abril de 2021, 6:19 PM