XOGOS E RECURSOS NA AULA VIRTUAL

Como ben sabemos os docentes, educar xogando ten unha multitude de beneficios. Nesta proposta centrarémonos en relacionar os recursos vistos na parte anterior con xogos e tamén veremos unha serie de paquetes para crear contidos multimedia na aula virtual.
Nos seguintes videotitoriais relacionaremos o recurso glosario con dous xogos. Na nosa experiencia son dous xogos que teñen éxito e gustan moito os rapaces e rapazas, ademais axudan a repasar contidos conceptuais.
Non queremos acabar este pequeno módulo sen falar da plataforma H5P inda que o faremos de una forma breve xa que esta ferramenta podería ser o protagonista dun curso de moitas mais horas do que nos corresponde.
O modulo de actividades H5P permítenos crear unha gran cantidade de recursos interactivos para a aula virtual, e dicir é un espazo para crear contido educativo e enriquecido dentro de moodle. H5P emplea a tecnoloxía HTML5 o que permite que a súa publicación en páxinas webs sexa directa e compatible coa maioría de navegadores e plataformas online. Isto permite o docente crear de balde diferentes tipos de exercicios, vídeos, xogos… e moitísimas posibilidades para xerar contido propio e interactivo. Entre outras destacamos:
Presentacións interactivas
Vídeos interactivos
Liñas de tempo
Gravacións de audio
Gráficas
Cando dicimos que o contido é interactivo é polo feito de permitir incluír elementos, como botóns, que ó activarse polo alumno/a mostran preguntas ou mensaxes con información adicional. Por exemplo, en un vídeo podemos incluír elementos nos que o alumnado teña que interactuar en momentos puntuais da reprodución para activar preguntas ou información adicional e desta forma enriquecer a experiencia de aprendizaxe.
Tamén é posible crear actividades, como xogos e exercicios con preguntas de todo tipo:
Xogo de memoria
Exercicios de arrastrar e soltar palabras o imaxes
Encher ocos
Marcar palabras
Selección múltiple
Verdadeiro /falso
Un tipo de preguntas moi interesantes son as de «arrastrar e soltar» que permite o/a alumno/a escoller una resposta e arrastrala na imaxe correcta. Sen dúbida é unha alternativa moito mais interactiva e divertida as preguntas convencionais.
Está claro que dependendo da idade do alumnado, área ou materia, etapa educativa ou intencións da docente, unhas actividades serán mais oportunas que outras. Ademais neste curso son variados os perfís profesionais.
Nos seguintes videotitoriais podedes ver moitas das aplicacións que ten o programa con exemplos. Recomendamos comezar por aplicacións sinxelas que permitan introducirnos no mundo de H5P para logo ir afondando na materia. Son relativamente sinxelas as actividades tipo: emparellar imaxes, liña do tempo, memory, facer presentacións no módulo de imaxe, ou completar, ou arrastrar e colocar palabras nun texto, marcar as palabras no módulo de texto.
Exemplos de H5P (Descripción con videotitotirias elaboradas por Manu Felpeto)
