GLOSARIO
O glosario é un catálogo alfabetizado de palabras e expresiones de un ou varios textos que utilicemos na aula, xunto co seu significado ou algún comentario. Ademais como veremos mais adiante na aula virtual o alumnado pode engadir información en forma de imaxe, videos ou ligazóns a sitios de interese.
O recurso de actividade “glosario” activa para os participantes unha lista de definicións, como un dicionario, ou axuda a recoller e organizar recursos ou información.
Un profesor pode permitir anexar ficheiros entradas do glosario. As imaxes anexas preséntanse na entrada. As entradas poden ser buscadas ou vistas por orde alfabética ou por categoría, data ou autor. As entradas poden ser aprobadas de modo predeterminado ou requirir aprobación por parte dun profesor antes de que seren visíbeis para todo o mundo.
Se o filtro de autoligado automático está activo, as entradas estarán automaticamente ligadas cando os termos e/ou as frase aparezan no transcurso do curso.
Un profesor pode permitir comentarios en entradas. As entradas tamén poden ser valoradas por profesores ou alumnos (avaliación entre iguais). Os índices de ponderación poden engadirse para conformar unha cualificación final que se recolle no libro de cualificacións.
![]()
Os glosarios teñen moitos usos, tales como:
- Crear unha base de datos de termos claves de cada tema.
- Un espazo «para coñecerse» onde os alumnos novos engaden o seu nome e detalles persoais.
- Un recurso con «notas manuais» de boas prácticas en asuntos prácticos.
- Unha área de compartición de vídeos útiles, imaxes ou o ficheiros de son.
- Un recurso de revisión de actividades ou conceptos para lembrar.
- Se poden enlazar con varios recursos en forma de xogos na aula virtual.
Ademais, neste modulo veremos varios recursos e actividades en forma de xogo que podemos enlazar cos glosarios que facemos na aula.