Section outline
-
P1401018 MATEMÁTICA DANZADA
-
Programa do curso
-
1ª sesión do curso (LUNS: 19/01/2015). Ponente: Mercedes Prieto MartínezTítulo da ponencia: Presentación da matemática danzada.Nesta sesión presentámonos construindo unha tea dos soños. Con ela traballamos contidos da matemática, da educación física e da educación artística de xeito a abordar este método interdisciplinar.Presentei algunhas teorias da sicoloxia educacional e as novas abordaxes da didáctica da matemática como fundamento teórico desta proposta.
-
2ª sesión do curso (MÉRCORES: 21/01/2015). Ponente: Mercedes Prieto MartínezTítulo da ponencia:Números e operacións a partir de tarefas explorartorias.A partir de xogos e bailes traballamos o sentido do número, realizamos diferentes operacións e resolvemos problemas seguindo os princípios das tarefas exploratórias (Canavarro&Santos, 2012). Exploración, resolución de problemas en grupo, discusión e conclusións.
-
3ª sesión do curso (XOVES: 22/01/15). Ponente: Rexina Ortigueira LestónTítulo da ponencia: Ensino-aprendizaxe das matemáticas a través de tarefas
Tratarase de enfocar o traballo na aula para o desenvolvemento das competencias a través de tarefas. No material que aparece a continuación están:
- a documentación europea relativa ás competencias clave e un documento de análise desa documentación. -
4ª sesión do curso (VENRES: 23/01/2015). Ponente: Mercedes Prieto MartínezTítulo da ponencia: Números e MedidasTraballamos a adición e o cálculo mental con danzas acumulativas e cálculo mental con xogos.
-
5ª sesión do curso (LUNS: 26/01/2015). Ponente: Mercedes Prieto MartínezTítulo da ponencia: Xeometria nos bailes tradicionaisAs formacións espaciais dos bailadores en bailes como o Chotis ou a Troika, cando se representan, son filas paralelas, triángulos, rodas concéntricas entre outras figuras xeométricas.
-
6ª sesión do curso (MÉRCORES: 28/01/2015). Ponente: Mercedes Prieto MartínezTítulo da ponencia: Máximo común divisor e Combinacións.A partir de bailes que teñen cambios de lugar entre persoas ou parellas podemos facer cáculos diversos entre eles os divisores comúns en secuencias ou combinacións e permutacións.Nesta sesión comezouse o traballo cooperativo formando grupos para a creación de unha coreografia estruturada a partir de elementos da matemática e critérios de composición en danza.
-
7ª sesión do curso (XOVES: 29/01/2015). Ponente: Mercedes Prieto MartínezTítulo da ponencia: O reloxo bailadorNesta sesión continuamos con a montaxe das coreografias.Traballamos a noción do tempo coa creación de un baile para o reloxo.
-
8ª sesión do curso (VENRES: 30/01/2015). Ponente: Mercedes Prieto MartínezTítulo da ponencia: Coreografias da matemática danzada.Nesta sesión presentáronse as coreografias creadas por cada grupo a partir de diferentes contidos de matemática.
-
Documentación de apoio e artigos de interese
-
Contactos das ponentesMercedes Prieto Martinezemail: merce.prieto@sapo.ptTelefono: 00 351 968 044 310