Section outline

  • imaxe

    Neste espazo da AV iranse colgando os materiais proporcionados polos relatores.
  • DATAS E HORARIO:

    1ª sesión: Venres 08/03/2013 de 17 a 20h Relatora: Blanca Puig Mauriz

    2ª sesión: Venres 15/03/2013 de 17 a 20h Relator: Javier Méndez Zunzunegui

    3ª sesión: Venres 05/04/2013 de 17 a 20h Relatora: Blanca Puig Mauriz

    4ª sesión: Xoves 11/04/2013 de 17:30 a 20:30h Relatores: Mar Domínguez e Francisco Armesto

    5ª sesión: Xoves 18/04/2013 de 17:30 a 20:30h Relator: Xacobo de Toro Cacharrón

    6ª sesión: Venres 19/04/2013 de 17 a 20h Relatora: Beatriz Crujeiras Pérez

    7ª sesión: Venres 26/04/2013 de 17 a 20h Relator: Manuel Cid Fernández

    8ª sesión: Venres 10/05/2013 de 17 a 20h Posta en común da fase práctica Relatora: Blanca Puig Mauriz

    CARACTERÍSTICAS DA FASE NON PRESENCIAL (6h).

    Esta tarefa ten que ser entregada para acceder á certificación da actividade.

    O profesorado participante realizará unha proposta didáctica centrada no desenvolvemento da competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico (“científica”) polo alumnado de secundaria/primaria. O traballo consiste en deseñar e poñer en práctica na aula unha actividade de aplicación de coñecementos científicos nun contexto da vida diaria. Sería ideal que formase parte dunha área/materia que se vai desenvolver en breve co alumnado.


    Estrutura do traballo:

    O traballo comprende os seguintes puntos:

    1. Título da actividade/tarefa ou proposta didáctica

    2. Obxectivos

    3. Competencias que se traballan

    4. Deseño da actividade

    5. Alumnado participante

    6. Análise dos resultados da posta en práctica.

    Posta en común: Na última sesión do curso (10 de maio) o profesorado participante poderá presentar as súas propostas, co obxectivo de intercambiar experiencias e puntos de vista co resto de profesores/as participantes. Poderá empregar powerpoint/impress e contará con 5-10 minutos para facer a exposición do mesmo.

    O propósito é identificar as dificultades que se presentan á hora de traballar as competencias na aula de ciencias, propoñer melloras e valorar os aspectos positivos do traballo arredor de tarefas.

  • O ENSINO DAS CIENCIAS CENTRADO NAS COMPETENCIAS
    Relatora Blanca Puig Mauriz. Departamento de didáctica das ciencias experimentais, USC.

  • COMPETICIÓNS ESCOLARES E VOCACIÓNS CIENTÍFICAS
    Relator: Javier Méndez Zunzunegui
    Profesor de Tecnoloxía. CPI de Rois.

  • DESEÑO DE ACTIVIDADES DE ARGUMENTACIÓN E USO DE PROBAS
    Relatora: Blanca Puig Mauriz
    Departamento de Didáctica das Ciencias Experimentais. USC
  • LECTURAS, ACTIVIDADES E EXERCICIOS PRÁCTICOS SOBRE O MÉTODO CIENTÍFICO. VALORACIÓN DAS EXPERIENCIAS NAS AULAS DE PRIMARIA.
    Relatores:
    María del Mar Domínguez. CPI Vicente Otero Valcárcel.
    Francisco Armesto. Museos Científicos Coruñeses



  • INTRODUCINDO A COMPETENCIA DIXITAL E A INVESTIGACIÓN NAS MATERIAS DE CIENCIAS
    Relator: Xacobo de Toro Cacharrón. CPI Conde de Fenosa

  • TRABALLANDO A COMPETENCIA CIENTÍFICA NO LABORATORIO. Beatriz Crujeiras Pérez. DEpartamento de didáctica das ciencias experimentais. USC.
  • AFONDAR NO MÉTODO CIENTÍFICO UTILIZANDO AS TIC PARA O TRATAMENTO DE DATOS. Manuel Cid Fernández. IES Universidade Laboral. A Coruña.
  • POSTA EN COMÚN DAS EXPERIENCIAS DESENVOLVIDAS POLOS ASISTENTES. Blanca Puig Mauriz. Departamento de Didáctica das Ciencias Experimentais. USC