Tarefa se é optativa
- Duración: 10 minutos
- 00:10
- Agrupamento:
- Individual
Reflexiona sobre a practicidade de incluir actividades no paquete de contidos, se este vai destinado a un curso en Moodle.
Ten en conta que estas actividades non serían avaliables directamente en Moodle. Habería que crear unha actividade de Moodle ou varias para avalialas e recoller a nota das mesmas.
Incluir actividades no paquete, e logo volver facer no curso Moodle as actividades asociadas para avalialas, é doble traballo e non proporciona ningún valor engadido.
Se o paquete de contidos non ten outro destino que un curso Moodle, non se incluirán actividades no paquete de contidos, senón que se empregarán directamente, as actividades proporcionadas polo Moodle.