Para editar unha páxina temos que engadir un ou varios iDevices. O exeLearning presenta unha gran variedade, organizados en tres categorías:
- Texto e tarefas: agrupa os iDevices para engadir contido e tarefas non interactivas. O máis empregado é o "Texto libre" que, simplemente, abre un editor de texto web para que poidamos engadir contidos. Tedes exemplos doutros iDevices deste tipo na seguinte páxina deste manual.
- Actividades interectivas: inclúen distintos tipos de actividades que requiren da interacción có alumno. Son moi semellantes ás que nos proporciona o Moodle, pero se están incluídas no paquete de contidos o Moodle non pode avalialas. Este é o motivo de que non empregue estes iDevices cando o paquete de contidos vai destinado a un curso Moodle.
- Outros contidos: aquí se recollen outros recursos para proporcionar contidos, por exemplo, para engadir "Ficheiros adxuntos" que se poidan descargar dende o paquete de contidos, ou incluir un "Sitio Web Externo" como podedes ver na páxina deste paquete de contidos "Manual exeLearning".
Incluir contido nunha páxina
Vemos cómo facer para engadir contido a unha páxina do noso paquete de contidos có iDevice "Texto libre":
- Escollemos a páxina á que engadir o contido
- Dobre click sobre o iDevice e engadimos o contido